Gert Steegmans, nado en Hasselt o 30 de setembro de 1980, é un ex-ciclista belga.

Traxectoria Steegmans é un esprintador moi corpulento, de 1,90 m e 82 kg de peso. Fixo o seu debut como profesional en 2003 no equipo belga Lotto. Steegmans conseguiu once vitorias ao longo da súa traxectoria como profesional, das que as máis importantes foron a segunda tirada do Tour de Francia 2007, con chegada precisamente na cidade belga de Gante, e a última tirada do Tour de Francia 2008, coa chegada habitual nos Campos Elisios de París.

Tamén conseguiu vitorias de tirada na Volta a Picardía, na Volta a Bélxica ou na Volta ao Algarve, entre outras probas ciclistas por tiradas.

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Ciclistas de Bélxica Categoría:Nados na provincia de Limburgo Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia