miniatura|

As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) ou simplemente as Sete Marabillas, é unha lista de sete estruturas notables presentes durante a antigüidade clásica, establecidas por primeira vez na publicación de 1572 Octo Mundi Miracula usando unha combinación de fontes históricas.: "Quizais só coa execución destes debuxos a lista se fixou para sempre, pero os detalles de cada monumento foron examinados desde entón baixo o ollo científico de estudosos como Johann Fischer von Erlach.": "A lista "canónica" das Sete Marabillas que usamos hoxe foi realmente elaborada no século XVI polo artista neerlandés Maarten van Heemskerck, quen produciu un conxunto de debuxos das Sete Marabillas compilados a partir da súa lectura de autores antigos. A súa lista contiña dúas estatuas, o Zeus de Olimpia e o Coloso de Rodas; dous conxuntos de tumbas, as Pirámides de Exipto e o Mausoleo de Halicarnaso; e varios edificios, o Templo de Artemisa en Éfeso, as Murallas e os Xardíns Colgantes de Babilonia (contados como unha "marabilla") e o Faro de Alexandría.

As sete marabillas tradicionais son a Gran Pirámide de Giza, o Coloso de Rodas, o Faro de Alexandría, o Mausoleo de Halicarnaso, o Templo de Artemisa, a Estatua de Zeus en Olimpia e os Xardíns Colgantes de Babilonia. Usando os países actuais, dúas das marabillas estaban localizadas en Grecia, dúas en Turquía, dúas en Exipto e unha en Iraq. Das sete marabillas, só a Pirámide de Giza, que tamén é con moita diferenza a máis antiga das marabillas, permanece en pé, mentres que as outras foron destruídas ao longo dos séculos. Existe un debate académico sobre a natureza exacta dos Xardíns Colgantes e hai dúbidas sobre se existiron realmente.

A primeira lista coñecida das sete marabillas remóntase aos séculos II-I a.C., pero esta lista difire da versión canónica Octo Mundi Miracula, do mesmo xeito que as outras listas coñecidas de fontes clásicas.

As sete marabillas do mundo antigo Velaquí a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.

A Gran Pirámide de Gizeh. Rematada arredor do ano 2570 a.C., foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Khufu, denominado Queops por Herodoto. Localizada en Gizeh, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar. Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos entre o 605 e o 562 a.C.. Localizados en Babilonia, actual Iraq. O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a -550 - -325. Localizado en Éfeso, actual Turquía. A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida cara a -430 por Fidias. Localizada en Olimpia, Grecia. O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de -353. Situado en Bodrum, actual Turquía. O Coloso de Rodas. Construído entre -294 e -282. Localizado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia. O Faro de Alexandría'. Construído entre -294 e -283. Localizado en Alexandría, Exipto.

Orixe da lista miniatura|300px | Cronoloxía e mapa das Sete Marabillas . Datas en grosa verde e vermello escuro son da súa construción e destrución, respectivamente. A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.

De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Gizeh, construída hai máis de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis. miniatura|Moeda de Elis. Estatua de Zeus de Olimpia no seu reverso.

Actualización A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.

Marabillas naturais Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN : Gran Canón do Colorado. Gran Barreira de Coral A baía do Río de Xaneiro Monte Everest Aurora boreal Volcán Paricutín Fervenza Victoria

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Novas sete marabillas do mundo

Ligazóns externas

"Seven Ancient Wonders of the World" on The History Channel website. Also includes links to medieval, modern and natural wonders. Parkin, Tim, Researching Ancient Wonders: A Research Guide, from the University of Canterbury, New Zealand. – a collection of books and Internet resources with information on seven ancient wonders. "Eternal wonder of humanity's first great achievements", by Jonathan Glancey in The Guardian'', 10 de marzo de 2007