Robert Lafont, nado en Nîmes en 1923 e finado en Florencia o 24 de xuño de 2009, foi un lingüista, historiador da literatura occitana, poeta, novelista e dramaturgo occitano.
Traxectoria Foi profesor de lingua occitana na Universidade de Montpellier ata 1986. Ténselle destacado pola súa defensa do occitanismo. Home dunha actividade intelectual extraordinaria, fundou o Comitat Occitan d'Estudis e d'Accion (Comité Occitano de Estudos e de Acción, COEA) e asumiu a dirección de diversas publicacións periódicas ("L'ase negre", 1946, "Viure", 1962).
É un escritor prolífico e a súa obra presenta dúas liñas esenciais e integradas: unha de divulgación doutrinal en francés, onde estudou a situación non só occitana senón de todas as minorías dentro do estado francés; e outra propiamente de creación en lingua occitana, que constitúe o punto de partida da verdadeira novela en occitano e que é tamén unha ruptura total coa tradición folclórica anterior. Foi un dos teorizadores do chamado colonialismo interior para facer referencia á situación occitana.
Tamén produciu teatro de animación social. Foi presidente do Institut d'Estudis Occitans e en 1974 presentou a súa candidatura ás eleccións presidenciais francesas que foi rexeitada.
Obras Poesía Dire (1945-53), La loba (1959), Poèma a l'estrangièra (1960) Aire Liure (1974) Lausa per un solèu mòrt e reviudat (1984)
Narracións La vida de Joan Larsinhac, (1951) L'Icòna dins l'Iscla (1971) Lo Decameronet (1983) La Festa (1983-84), formada por Lo Cavalier de Març e Lo Libre de Joan. L'enclaus (1992)
Teatro Dòm Esquichòte (1973) Lei cascavèus (1977) La Croisade (1983)
Ensaio La révolution regionaliste (1967) Sur la France (1968), Décoloniser en France (1971) Le travail et la langue (1978) estudo sociolingüístico Nous, Peuple Européen (1991) La Nation, l'Etat, les Regions (1993)
Categoría:Escritores en lingua occitana Categoría:Escritores de Francia Categoría:Lingüistas de Occitania Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados no departamento de Gard Categoría:Nacionalismo occitano Categoría:Premio Creu de Sant Jordi