miniatura|300px|Consello de Ministros en 2021. O Consello de Ministros de España é un órgano colexiado político constitucional integrado polo presidente do Goberno, os vicepresidentes e os ministros. Habitualmente reúnense os martes laborais ás 10:00 horas no Palacio da Moncloa, en Madrid. Porén, con carácter excepcional, póde convocarse en calquera outro día, hora ou lugar do territorio nacional, ou, de xeito telemático, por decisión do presidente do goberno, sempre que todos os membros participantes se atopen no territorio nacional e poidan acreditar a súa identidade.

Así mesmo, de maneira extraordinaria, o Consello pode ser presidido polo rei de España a petición do presidente do Goberno. Nese caso, o Consello delibera en presenza do xefe do Estado sobre os asuntos de Estado, conforme ao artigo 62 da Constitución, máis non pode adpotar acordos mentres o rei estea presente.

A convocatoria e a presidencia do Consello de Ministros corresponden ao presidente do Goberno, actuando como secrtario do Consello a persoa titular do Ministerio de Presidencia. As reunións, das que se levanta acta pública, poden ter carácter deliberante e/ou decisorio. Nas actas recóllese unicamente as circunstancias relativas ao tempo e lugar da súa celebración, a relación de asistentes, os acordos adoptados e os informes presentados. Non se inclúen nin os votos particulares nin as deliberacións dos membros do Goberno, xa que estas son secretas por disposición legal.

En canto ao réxime de funcionamento, os secretarios de Estado poden asistir ás reunións cando sexan convocados. Neses casos, antes do inicio da sesión deben prestar xuramento ou promesa de gardar segreso sobre as deliberacións do Goberno.

Funcións e control As atribucións do Consello de Ministros están establecidas no artigo 5 da lei 50/1997, do goberno, e son as seguintes: Aprobar os proxectos de lei e a súa remisión ao Congreso dos Deputados, ou se procede, ao Senado. Aprobar o proxecto de lei dos Orzamentos Xerais do Estado. Aprobar os Reais Decretos-lei e os Reais Decretos Lexislativos. Acordar a negociación e a firma de Tratados Internacionais, así como a súa aplicación provisional. Remitir os tratados internacionais ás Cortes Xerais nos termos previstos nos artigos 94 e 96.2 da Constitución. Declarar os estados de alarma e de excepción e propoñer ao Congreso dos Deputados a declaración do estado de sitio. Dispoñer a emisión de Débeda Pública ou contraer crédito cando foi autorizado por unha lei. Aprobar os regulamentos para o desenvolvemento e execución das leis, previo ditame do Consello de Estado, así coma as demais disposicións reglamentarias que procedan. Crear, modificar e suprimir os órganos directivos dos Departamentos Ministeriais. Adoptar programas, plans, e directrices vinculantes para todos os órganos da Administración Xeral do Estado. Segundo o artigo 86 da Constitución, os decretos leis deben ser validados polo Congreso dos Deputados nos trinta días seguintes á súa aprobación polo Consello de Ministros. Pola súa banda, o artigo 134 establece que corresponde ás Cortes Xerais o exame, emenda e aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, e o artigo 94 dispón que deben autorizar os tratados internacionais. En consecuencia, o Congreso dos Deputados exerce unha función de control sobre a actividade normativa e política do Consello de Ministros.

Composición actual

CarteraTitularNo Consello desdePresidente do GobernoPedro Sánchez2018Vicepresidente primeiro do Gobierno Ministro de Economía, Comercio e EmpresaCarlos Cuerpo2023Vicepresidenta segunda do Goberno Ministra de Traballo e Economía SocialYolanda Díaz2020Vicepresidenta terceira do Goberno Ministra para a Transición Ecoloxica e o Reto DemográficoSara Aagesen2024Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e CooperaciónJosé Manuel Albares2021Ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións cas Cortes Notario Maior do Reino Secretario do Consello de MinistrosFélix Bolaños2021Ministra de DefensaMargarita Robles2018Ministro de FacendaArcadi España García2026Ministro do InteriorFernando Grande-Marlaska2018Ministra de Transportes e Mobilidade SostibleÓscar Puente2023Ministra de Educación, Formación Profesional e DeportesMilagros Tolón2025Ministro de Industria e TurismoJordi Hereu2023Ministro de Agricultura, Pesca e AlimentaciónLuis Planas2018Ministra de SanidadeMónica García Gómez2023Ministra de Vivienda e Axenda UrbanaIsabel Rodríguez García2021Ministro de CulturaErnest Urtasun2023Ministro de Política Territorial e Memoria DemocráticaÁngel Víctor Torres2023Ministra de Ciencia, Innovación e UniversidadesDiana Morant2021Ministro de Derechos Sociales, Consumo e Agenda 2030Pablo Bustinduy2023Ministra de IgualdadeAna Redondo García2023Ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións Portavoz do GobernoElma Saiz2023Ministro de Transformación Dixital e Función PúblicaÓscar López Águeda2024Ministra de Xuventude e InfanciaSira Rego2023

Notas

Véxase tamén