José Antonio Alonso Suárez, nado en León o 28 de marzo de 1960 e finado en Madrid o 2 de febreiro de 2017, foi un político español.
Traxectoria Amigo da infancia de José Luis Rodríguez Zapatero, con quen compartiu estudos básicos e superiores, estudou a carreira de Dereito na Universidade de León, e converteuse en xuíz en 1985, á temperá idade de 25 anos. En 1989, Alonso foi nomeado xuíz penal en Madrid, e pouco despois, maxistrado da Audiencia Nacional. Entre 1994 e 1998, foi o voceiro de Xuíces para a Democracia, e ten sona de ser un dos máis progresistas. Aínda así, tamén se recoñece que a súa profesionalidade sempre lle permitiu deixar a un lado as súas tendencias políticas ó tomar decisións xudiciais.
Antes das eleccións xerais de 2004, Zapatero, daquela líder do PSOE na oposición, instoulle a optar a un escano no Congreso, que finalmente gañou. Porén, Alonso, malia a ter un escano e ser nomeado Ministro do Interior e logo de Defensa, aínda non ten o carné de membro do Partido Socialista por incompatibilidade coa carreira xudicial.
Casado e cun fillo, Alonso participou en numerosos cursos universitarios e conferencias relacionadas coa linguaxe, a economía, as leis e a historia españolas. De feito, gústalle a filosofía e escribiu varios ensaios políticos.
En abril de 2006, a dimisión de José Bono como Ministro de Defensa levou aparellado o seu nomeamento para o cargo, deixando a carteira de Interior a Alfredo Pérez Rubalcaba. Co inicio da segunda lexislatura de Zapatero, Alonso abandonou o ministerio e fíxose cargo do posto de voceiro do grupo parlamentario socialista.
Alonso, José Antonio Alonso, José Antonio Categoría:Alumnos da Universidade de León Categoría:Finados en 2017 Categoría:Ministros de Defensa de España Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)