Carlos Fausto Bordalo Gomes Dias, máis coñecido por Fausto, nado en Vila Franca das Naves o 26 de novembro de 1948 e finado o 1 de xullo de 2024, foi un cantante portugués.

Traxectoria

Vencellado aos movementos de esquerda durante a ditadura, Fausto continuou baixo o novo sistema político unha fecunda carreira musical. O seu estilo recolle todas as influencias dos cantores de abril, dende a inspiración nas músicas populares do norte do país, até a influencia dos ritmos africanos. O seu disco Para além das cordilheiras escolleuno a prensa como un dos dez mellores discos portugueses de todos os tempos. Porén, seguen a seren máis populares os seus primeiros traballos, en especial polas cancións "Se tu fores ver o mar (Rosalinda)", "Uns vão bem e outros mal" e "Roupa velha". Discografía

Álbums orixinais

Fausto (1969) Fausto (1970) P'ró que der e vier (1974) Beco com saída (1975) Madrugada dos trapeiros (1977) Histórias de viageiros (1979) Por este rio acima (1982) O despertar dos alquimistas (1985) Para além das cordilheiras (1987) A preto e branco (1988) Crónicas da terra ardente (1994) A ópera mágica do cantor maldito (2003) Em busca das montanhas azuis (2011)

Coletáneas

O melhor dos melhores (1994) Atrás dos tempos vêm tempos (1996) Grande grande é a viagem (ao vivo) (1999) 18 canções de amor e mais uma de ressentido protesto (2007)

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina en inglés sobre Fausto O cantor maldito - Blog sobre Fausto

Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Nados no distrito da Guarda Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en 1948