Filippo Pozzato, tamén chamado Pippo, nado en Sandrigo o 10 de setembro de 1981, é un ciclista italiano.
Biografía Logo dunha carreira moi prometedora en categorías menores e en júnior, fíxose profesional no ano 2000 dentro do equipo Mapei. No 2003 pasa ao Fassa Bortolo, despois marcha ao Quick Step-Innergetic en 2005 e finalmente recala no Liquigas. É un corredor bastante regular, pero especialmente bo como esprínter e como corredor de contra o reloxo.
Foi seleccionado dentro do equipo olímpico italiano para participar nos Xogos de Atenas, na especialidade de contra o reloxo, pero finalmente non puido competir.
Palmarés 2 tiradas do Tour de Francia, unha en 2004 e outra en 2007 Vencedor da Milán-Sanremo de 2006 Vencedor da clásica Tirreno-Adriático, en 2003. Vencedor da Clásica de Hamburgo en 2005 Vencedor da Volta ao Lacio en 2005 Subcampión de Italia de ciclismo en estrada en 2003 e 2005
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do ciclista
Categoría:Ciclistas olímpicos de Italia Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados na provincia de Vicenza Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia