O doutoramento é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento: En investigación First-professional (Estados Unidos de América soamente) Honorífico

Os primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano. Usualmente avalíase a través da defensa dunha disertación ou tese doutoral, aínda que ás veces pode aceptarse un corpo coherente de literatura publicada. Os últimos outórganse por unha contribución substancial a un campo, aínda que non hai requisitos de natureza académica.

Tipos O doutoramento máis común é o que outorga o título de Ph.D. (Philosophiæ Doctor), o doutor en filosofía. O Departamento de Educación dos Estados Unidos recoñece os seguintes graos doutorais en igual nivel que o Ph.D. (non todos eles están dispoñibles, nin son recoñecidos, no mundo castelanfalante): Doutor en Arte (D.A.) Doutor en Arquitectura (D.Arch.) Doutor en Bioética Doutor en Ciencia Aplicada (D.A.S.) Doutor en Ciencias Administrativas (D.B.A) Doutor en Química (D.Chem.) Doutor en Xustiza Criminal (D.C.J.) Doutor en Dereito Civil (D.C.L.) Doutor en Ciencias da Computación (D.C.S.) Doutor en Criminoloxía (D.Crim.) Doutor en Educación (Ed.D.) Doutor en Deseño Ambiental (D.E.D.) Doutor en Ciencias Farmacéuticas (D.C.F) Doutor en Enxeñería (D.Eng.) Doutor en Ambiente (D.Env.) Doutor en Ciencia da Enxeñería (D.E.Sc./Sc.D.E.) Doutor en Belas Artes (D.F.A.) Doutor en Ciencias Xeolóxicas (D.G.S.) Doutor en Saúde e Seguridade (D.H.S.) Doutor en Estudos Hebreos (D.H.S.) Doutor en Tecnoloxía Industrial (D.I.T.) Doutor en Tecnoloxía da Información (D.I.T.) Doutor en Ciencias Xurídicas (S.J.D.) Doutor en Ciencia Bibliotecaria (D.L.S.) Doutor en Música (D.M.) Doutor en Artes Musicais (D.M.A., A.Mus.D.) Doutor en Educación Musical (D.M.E.) Doutor en Ciencias Médicas (D.M.Sc.) Doutor en Ciencias da Enfermería (D.N.Sc.) Doutor en Administración Pública (D.P.A.) Doutor en Ciencias Políticas (DCP) Doutor en Educación Física (D.P.E.) Doutor en Saúde Pública (D.P.H.) Doutor en Estudos profesionais (D.P.S.) Doutor en Deseño (Dr.DES.) Doutor en Ciencia (D.Sc./Sc.D.) Doutor en Ciencia en Odontoloxía (D.Sc.D.) Doutor en Ciencia e Hixiene (D.Sc.H.) Doutor en Ciencia en Medicina Veterinaria (D.Sc.V.M.) Doutor en Ciencias Sociais (D.S.Sc.) Doutor en Psicoloxía (Dr. en Psic./Ph.D) Doutor en Dereito Canónico (J.C.D.) Doutor en Rehabilitación (Rh.D.) Doutor en Teoloxía (Th.D.)

Os principais doutoramentos profesionais son: D.C. (Doutor en Quiropraxia) D.D.S. (Doutor en Cirurxía Maxilofacial) J.D. o Dr.Jur. (Juris Doctor ou Doutor en Dereito) M.D. o Dr.Med. (Medicinæ Doctor ou Doutor en Medicina) D.P.T. (Doutor en Terapia física) D.O. (Doutor en Medicina Osteopática) D.M.D. (Doutor en Medicina Dental) D.V.M. (Doutor en Medicina Veterinaria) Psy.D. (Doutor en Psicoloxía Clínica) Pharm.D. (Doutor en Farmacia) O.D. (Doutor en Optometría) Fent. (Doutor en cardioloxía)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tese de doutoramento Memoria de licenciatura Doutor honoris causa

Categoría:Ensino superior