A durmideira (Papaver somniferum) é unha planta herbácea da familia das papaveráceas (a mesma familia das papoulas) que chega a unha altura superior ao metro. Ten propiedades sedativas e narcóticas, dela extráese o opio. A súa distribución abrangue Asia e Europa, atópase en terreos calcarios, a cápsula contén numerosas sementes, utilizadas en especial na Europa do leste para aromatizar o pan e outros produtos. Tradicionalmente tamén se utilizou a durmideira para obter infusións relaxantes e como somnífero. As variedades asiáticas teñen uns principios activos máis fortes cós das europeas.
Galería
Véxase tamén
Categoría:Papaver Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas alucinóxenas Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora de Europa