O Comité Olímpico Internacional (COI) (en inglés: International Olympic Committee, IOC, en francés: Comité international olympique, CIO) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos Xogos Olímpicos gregos.

O COI coordina as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos.

Reunións Desde a súa fundación, o COI, realizou unha serie de reunións de alto nivel onde se discutiu o pasado, presente e futuro do movemento olímpico internacional. Divídense en dous tipos, a saber:

Congresos Nos congresos, 13 na súa totalidade, celebrados en períodos de tempo irregulares, trátase sobre temas de importancia referentes ó movemento olímpico internacional nese momento; ademais exponse, discútese e conclúese sobre o nivel e historial olímpicos acadados ata ese momento e a súa proxección cara ó futuro. I - París, 1894 II - Le Havre, 1897 III - Bruxelas, 1905 IV - París, 1906 V - Lausana, 1913 VI - París, 1914 VII - Lausana, 1921 VIII - Praga, 1925 IX - Berlín, 1930 X - Varna, 1973 XI - Baden Baden, 1981 XII - París, 1994 XIII - Copenhague, 2009

Sesións As Sesións do COI son xeralmente reunións de membros do COI onde se somete a votación cuestións ou accións a tomar referentes ó movemento olímpico. É o órgano supremo do COI e as súas decisións son finais. Cada membro do COI ten dereito a voto.

Unha sesión ordinaria efectúase unha vez ó ano. En caso de emerxencia ou de resolver puntos aínda pendentes, pódese chamar a unha sesión extraordinaria en conveniencia co Presidente do COI ou por petición escrita de polo menos as dúas terceiras partes dos membros.

As actividades máis importantes realizadas nas sesións son, entre outras:

Adaptar ou modificar a Carta Olímpica. Elixir os membros do Comité Olímpico, o Presidente Honorario, membros honorarios e membros de honra. Elixir o Presidente, Vicepresidente e todos os demais membros do Corpo Executivo. Elixir a cidade sede dos Xogos Olímpicos. Determinar que deportes formarán parte do calendario olímpico e cales non.

Presidentes do COI Desde 1894 o COI tivo 9 presidentes:

Nº.NomePaísPeríodo 1 Demetrius Vikelas 25px Grecia 1894 – 1896 2 Pierre de Coubertin 1896 – 1925 3 Henri de Baillet-Latour 1925 – 1942 4 Johannes Sigfrid Edström 1942 – 1952 5 Avery Brundage 1952 – 1972 6 Lord Killanin 1972 – 1980 7 Juan Antonio Samaranch 1980 – 2001 8 Jacques Rogge 2001 – 2013 9 Thomas Bach 2013

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do COI

Categoría:Comité Olímpico Internacional Categoría:Olimpismo