Michael Rasmussen, nado en Tølløse, Dinamarca, o 1 de xuño de 1974, é un ciclista dinamarqués. Chámanlle O polo voador. Despois de ser campión de mundo de cross-country con bicicleta de montaña, fíxose ciclista de estrada, especialista nas probas de montaña.
Carreira profesional Os inicios da súa carreira son en bicicleta de montaña e obtén o campionato do mundo en 1999. En 2002 pásase ao ciclismo en estrada e á profesionalidade, ao fichar polo CSC-Tiscali. En 2003 troca as cores ao fichar polo Rabobank.
Os seus maiores éxitos profesionais obtívoos no Tour de Francia e nas edicións de 2005, 2006 e 2007 gañou cadansúa tirada e levou posto o maillot amarelo cando menos unha xornada. Ademais, obtivo o mailló de puntos vermellos que o acreditou como campión da montaña nas edicións de 2005 e 2006.
O seu grande ano puido ser o 2007. Venceu na segunda tirada alpina do Tour, apañou o maillot amarelo e mantívoo durante nove tiradas, gañando incluso a tirada raíña dos Pireneos con chegada no porto de Aubisca, e ampliando a súa vantaxe. Porén, cando tiña todo para vencer a rolda gala, foi apartado da proba polo seu propio equipo, o Rabobank. As razóns dadas pola dirección do conxunto foron que Michael Rasmussen non se presentara a dous controis antidopaxe previos ao Tour escusándose en que estivera en México. Cando se comprobou que iso era falso, foi expulsado. A ausencia dos controis xa provocara que a Federación Dinamarquesa de Ciclismo o excluíse dos mundiais de 2008 e dos Xogos de Beixín.
Téñeno comparado, pola súa forma de rodar na montaña, co máis famoso dos ciclistas dinamarqueses, Bjarne Riis. Ten sona de maniático co peso. Malia medir 1,75 m só pesa 59 kg, non transporta botella con auga, ten modificado o deseño da súa bicicleta para reducir o peso, e leva zapatos máis pequenos do que lle cómpren para aforrar tamén carga. Vive en Castelnuovo del Garda (Italia), nas ribeiras do lago de Garda.
Principais vitorias Campión do mundo de ciclismo de montaña 1999. 3 tiradas do Tour de Francia, en 2005, 2006 e 2007. 25px 2 veces campión da montaña no Tour de Francia: 2005 e 2006. 7º no Tour de Francia 2005. 1 tirada na Vuelta a España, en 2003.
Véxase tamén Ligazóns externas Web do ciclista
Categoría:Ciclistas olímpicos de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Selandia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia