A Orchestre de Paris é unha orquestra francesa creada en 1967 na cidade de París e o seu actual director musical é Christoph Eschenbach.
Tras a disolución da Orchestre de la Société des Concerts du Conservatoire o ministro francés de cultura, André Malraux e o director xeral de música, arte lírica e danza do ministerio Marcel Landowski convocaron a Charles Münch para crear unha nova orquestra en París. En 1976 a Orchestre de Paris formou o seu propio coro, habitualmente a Orchestre actúa na Salle Pleyel, agás entre 2002 e 2006 cando actuou no Théâtre Mogador. Directores musicais desta formación
Christoph Eschenbach (2000– ) Christoph von Dohnányi (1998–2000) (conselleiro artístico) Semyon Bychkov (1989–1998) Daniel Barenboïm (1975–1989) Georg Solti (1972–1975) Herbert von Karajan (1969–1971) (conselleiro musical) Charles Münch (1967–1968)
Paris