miniatura|330px|dereita|Illas de sotavento. As illas de Sotavento son un grupo de illas situadas ao nordés do mar Caribe atópase no oeste do océano Atlántico. Empezando polas Illas Virxes ao leste de Porto Rico, esténdense ao sueste ata a Guadalupe e as súas dependencias. En inglés, o termo Illas Leeward refírese ás illas do norte da cadea Antillas Menores. A parte máis ao sur desta cadea, a partir de Dominica, chámanse Illas de Barlovento. Dominica foi orixinalmente considerada como parte das Illas Leeward, pero foi transferida das Illas de sotavento británicas ás Illas de barlovento británicas en 1940.

Orixe do nome thumb | Charlotte Amalie, San Tomé, nas Illas Virxes estadounidenses thumb | Vista de Sandy Ground, Anguilla

O nome deste grupo insular, Illas de sotavento, data de séculos anteriores, cando os barco de vela eran a única forma de transporte a través do océano Atlántico. En terminoloxía de vela, "barlovento" significa cara á fonte do vento, mentres que "sotavento" é o sentido contrario. Nas Indias Occidentais, os ventos dominantes, coñecidos como os ventos alisios, sopran desde o nordés. Polo tanto, unha illa ao noroeste, como Porto Rico, normalmente estaría a sotavento dunha illa ao sueste, como Antigua e, pola contra, Antigua estaría a barlovento de Porto Rico, pero a sotavento de Guadalupe e Martinica.

As illas de sotavento foron nomeadas así porque estaban máis por baixo das correntes de vento predominantes (por baixo de onde sopra o vento) e polo tanto eran as máis afastadas para os barcos que viñan de Europa, primeiro atoparían as Illas de barlovento.

Diferenzas xeográficas segundo o ámbito lingüístico Existe unha importante diferenza na consideración de que illas pertencen aos grupos de Barlovento ou Sotavento, segundo sexa o ámbito lingüístico, dun lado o inglés e doutro o español, francés e neerlandés.

Linguas Illas de Sotavento Illas de Barlovento Español, francés e neerlandés 250pxÎles Sous-le-Vent250pxÎles du Vent Inglés250pxWindward Islands250pxLeeward Islands

Xeografía As illas de Sotavento é un arquipélago das Pequenas Antillas. Está integrado polas illas de Aruba, arquipélago de Las Aves, Bonaire, Curaçao, Illa de Margarita, A Orchila, Arquipélago Os Roques e La Tortuga, situadas fronte ás costas venezolanas, e Anguila, Antiga, Barbados, Montserrat, Saint Kitts e Nevis, Redonda, Santo Eustaquio e San Martiño.

As illas de Sotavento son, de occidente a oriente, as siguintes:

EntidadeIllas constituintesLocalización Illas ABC (Países Baixos) ArubaBonaire   Klein BonaireCurazao   Klein Curaçao 200px Dependencias Federais Venezolanas(sen incluír as illas de Patos e de Aves) Arquipélago Los MonjesArquipélago de Las AvesArquipélago los TestigosArquipélago Los FrailesIlla Los HermanosIlla la SolaLa Tortuga   Caio Herradura   Illas Los TortuguillosLa OrchilaIlla la BlanquillaArquipélago de Los Roques   Gran Roque   Caios Francisquí   Caio Lanquí   Caio Nordisquí   Madrisquí   Caio Crasquí   Dos Mosquises 200px Nueva Esparta (Venezuela) CocheCubaguaMargarita 200px

Administración política EntidadeAdministraciónPoboaciónLingua25px ArubaPaís constituínte dos Países Baixos102.911Papiamento25px CurazaoPaís constituínte dos Países Baixos153.817Papiamento25px BonaireMunicipio dos Países Baixos16.541Papiamento25px Nueva EspartaEstado de Venezuela426.337Español25px Dependencias Federais VenezolanasTerritorio federal de Venezuela6.500Español 900px|Illas do Caribe

Véxase tamén

Outros artigos Illas de Barlovento

Categoría:Antillas Menores