A Illa de La Orchila ou Illa La Orchilla pertencente a República Bolivariana de Venezuela que está incluída dentro das Dependencias Federais Venezolanas, de aproximadamente 40 km² de extensión situada (66º 10´ W e 11º 47´ N) a uns 180 km da capital venezolana Caracas, ten 13 km² aproximadamente. Atópase ao leste do aquipélago de Los Roques. Dentro de La Orchila existen outras pequenas illas de pouca extensión: illa Sal, Agua e Noreste.
Características É a sede dun campamento militar e lugar ao que só teñen acceso o presidente e altos oficiais gobernamentais. O turismo só é posible con autorización militar. Estivo poboada ata por 100 habitantes que foron desaloxados durante o goberno do xeneral Marcos Pérez Jiménez, en abril de 2002 o presidente Hugo Chávez foi apresado e levadoBBC Mundo: Na tarde do 13 Chávez foi trasladado desde o forte Tiuna a unha base naval. Logo, Chávez foi levado até a illa da Orchila, acompañado do cardeal Ignacio Velasco e o coronel e avogado do exército, Julio Rodríguez Salas, encargado da súa custodia. a esta illa durante o breve goberno de Pedro Carmona.
O 17 de maio de 2008 un avión militar estadounidense sobrevoaba a illa principal de La Orchila sen autorización, violando o espazo aéreo venezolano,RNV 19 Maio de 2008,Avión da Armada Estadounidense violou espazo aéreo venezolano feito que foi protestado polo goberno venezolano, Estados Unidos argumentou que foi un erro de navegación.
O 6 de xuño de 2008 realizáronse manobras militares conxuntas da Aviación Militar Venezolana e a Armada nas augas territorias da illa principal, co lanzamento de mísiles desde cazas multipropósito Sukhoi 30 e co uso de Fragatas misilísticas.TeleSUR 06/06/2008 Forza Armada venezolana realizou manobra de lanzamento de mísiles desde A Orchila
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas de Venezuela Rexión Insular
Ligazóns externas Vídeo da Illa en YouTube.
'''Venezuela | Dependencias Federais Venezolanas 50px|Bandeira de Venezuela Plataforma Continental: Arquipélago Los Monjes | Illa Tortuga | Illa la Sola | Arquipélago os Testigos | Arquipélago Los Frailes Fóra da plataforma Continental: Illa de Patos | Arquipélago Os Roques | Illa A Blanquilla | Illa Os Irmáns | Illa A Orchila | Arquipélago As Aves Fondo Abismal: Illa de Aves
Categoría:Dependencias Federais de Venezuela Orchila Orchila Categoría:Illas de América do Sur Categoría:Antillas Menores