Negu Gorriak (en éuscaro significa Invernos RuínsA tradución literal sería «invernos vermellos», pero tradúcese como «invernos ruíns» ou «invernos duros», xa que o termo gorri admite ambas as dúas acepcións.) foi un grupo de música crossover fundado en Guipúscoa en 1990. A súa influencia ten sido moi grande no desenvolvememento do rock tanto no País Vasco como no resto do estado. Foron cualificados como unha das bandas de rock «máis importantes dos noventa».«Biografía de Negu Gorriak» , na páxina web de MTV de España.
Historia O grupo estaba formado polos irmáns Fermin e Iñigo Muguruza (ex-membros do grupo Kortatu) xunto a Kaki Arkarazo (membro de M-ak e tamén ex-membro de Kortatu). En 1990 uniuse Mikel «Anestesia» (guitarrista de Anestesia) e en 1991 fixo o mesmo Mikel «BAP!!» (batería do grupo BAP!!), manténdose esta formación até a disolución da banda en 1996.
Musicalmente, compuñan unha música denominada de fusión que apoiaba principalmente sobre tres piares estilísticos: o do rock, o do rap e mais o do reggae, amais de contar coa influencia da propia música tradicional vasca.O propio grupo deixouno claro no tema «B.S.O.» (pertencente ao seu segundo álbum) no que cantan: «eu tamén estaba a gusto, / saboreando a nosa Banda Sonora Orixinal: / raíces, rock, rap, reggae».
Compromiso político O seu compromiso político co país foi en termos absolutos, comezando pola elección do éuscaro e seguindo tanto no xeito de traballar como na temática das cancións. Por outra banda, no ámbito económico optaron pola autoxestión para o cal fundaron o selo discográfico Esan Ozenki. Así, por exemplo, o baixista e mais o batería da banda foron insubmisos, realizaron unha xira polo Salvador de apoio ao FMLN, festivais en favor dos indíxenas de Chiapashttp://elpais.com/diario/1996/04/24/cultura/830296806_850215.html, ou mesmo dicir que o seu primeiro concerto tivo lugar fronte ao cárcere de Herrera de la Mancha.
A polémico co Estado Español foi constante e así foi que a finais da década dos 90 foron denunciados polo xeneral da Garda Civil Enrique Rodríguez Galindo, quen solicitaba unha indemnización de 15 millóns de pesetas por intromisión ilexítima no seu dereito á honra na súa canción Ustelkeria (Podredume), na que utilizan un diálogo adicado a Galindo para denunciar a corrupción policial e tráfico de drogas.
Nun principio o Tribunal de Primeira Instancia de Donostia desestimou a demanda de Galindo en 1994, ao estimar que a canción era unha reprodución case literal dun artigo do xornal Egunkaria. Porén un ano despois a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Guipúzcoa fallou a favor de Galindo, sentenza que o grupo recorreu pero que de efectivizarse supuña ademais do pago da indemnización a censura da canción. Finalmente unha década despois da estrea da canción en 1991, a Sala do Civil do Tribunal Supremo sentenciou a favor do grupo vascohttp://elpais.com/diario/2000/06/09/espana/960501616_850215.html.
Co gallo da súa absolución, celebraron tres concertos de despedida (malia que de xeito oficial a disolución da banda aconteceu en 1996, a disolución efectiva non foi até 2001) aos que acudiron en total máis de 30.000 persoas.Negu Gorriak. La victoria de la palabra, p. 28.
Discografía Publicaron un total de seis discos de estudio, un directo e un recompilatorio con material que o grupo tiña espallado entre singles, colaboracións con outros músicos e grupos (Mano Negra, Inadaptats, BAP!!...) e achegas a diferentes recompilatorios. O seu terceiro álbum, o dobre LP Borreroak Baditu Milaka Aurpegi (1993) é considerado pola crítica a súa obra mestra, e foi cualificado como «a bomba [...] un dos mellores CD's editados, en calquera lingua e en calquera lugar, nos 90».
Traxectoria Os comezos: 1989-1990 Despois de disolver Kortatu, os irmáns Fermin e Iñigo Muguruza acordaron con Kaki Arkarazo (quen xa traballara con eles producindo Kolpez Kolpe e exercendo de segundo guitarrista de Kortatu na derradeira xira do grupo) facer algo xuntos nun futuro, pero sen concretar nada.GOSTIN, A.: «Non queremos converternos no revival de Kortatu», en Argia 1283: 11 de febreiro de 2003. Tradución da entrevista a Fermin Muguruza aparecida no xornal Argia («Ez dugu Kortaturen revival bilakatu nahi»). En 1989, os tres puxéronse a traballar no baixo da casa de Kaki, onde este tiña un pequeno estudo de gravación. Fermin ocupábase dos textos, mentres que Iñigo e Kaki (sobre todo este último) ocupábanse de musicalos e de gravar os diferentes samplers que empregaron, explorando a fusión do rock con novos sons. Entre eles, están o rap (os tres son grandes fans de Public EnemyNegu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 9.) e a música negra en xeral como soul e funk (da que Kaki é un grande afeccionado), ademais de hardcore, ritmos latinos etc.
A finais de 1989, Xabier Montoia (cantante de M-ak) falou con Fermin para encargarlle unha canción para un disco tributo a Mikel Laboa que estaba a coordinar. O disco ía contar con grupos veteranos e novos. Fermin aceptou e, xunto a Kaki e Iñigo, comezaron a preparar diferentes temas baixo un segredo absoluto. Máis tarde, Fermin admitiría que a escusa de estar a traballar para o disco homenaxe permitiulle agochar o nacemento de Negu Gorriak. O disco foi, logo, a escusa perfecta para que os tres puidesen ensaiar sen que comezaran a propagarse rumores.
Así, o grupo presentouse en Txerokee, Mikel Laboaren Kantak (1990). Elixiron facer unha versión de «Gaberako aterbea»A canción foi incluída na reedición de Negu Gorriak que realizou Esan Ozenki en 1996, aparecendo en CD por primeira vez. («Refuxio Nocturno»), unha canción baseada á súa vez no poema «Die natchlager» de Bertolt Brecht, que apareceu no LP de Laboa 12 (1989). Dalgúns versos do poema obtiveron o nome do grupo, Negu Gorriak: Kontatu didaten Nueva York-enBroadway eta 26 karrikaren kantoian,negu gorrian, gizon batek gauero [...]Contáronme que en Nova Yorkna esquina da rúa 26 con Broadwayno cru inverno, hai un home tódalas noites que [...] Fermin presentou oficialmente ao grupo na columna na que escribía entón no xornal Argia.MUGURUZA, Fermin: «Ehun ginen», en Argia: 25 de febreiro de 1990. Traducido ó castelán no dosier Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 8. A formación era entón a de Fermin á voz e Kaki e Iñigo ás guitarras.
En xuño de 1990 apareceu o seu primeiro disco: Negu Gorriak (Oihuka), onde supliron a falta de base rítmica cunha caixa de ritmos. O grupo decidiu non saír de xira polo momento. O seu primeiro grande concerto reservárono para a marcha que fan tódolos anos familiares de presos de Euskadi Ta Askatasuna ao cárcere de Herrera de la Mancha, organizada por Gestoras Pro Amnistía. Para este concerto uníuselles como baixista Mikel «Anestesia», guitarrista do grupo Anestesia. Á marcha acudiron unhas 13.000 persoas.TODA, Teresa y VRIGNON, Bixente: «O acoso policial non foi quen de impedir que a solidariedade chegase a Herrera de la Mancha», en Egin: 30 de decembro de 1990. Despois dos mitins políticos tocoulle a súa quenda a Negu Gorriak, quen interpretaron as cancións do seu primeiro álbum ademais de «Oker dabiltza», en homenaxe a Josu Muguruza e unha versión da panxoliña popular «Hator, hator», cancións que apareceran nun single editado con Basati Diskak. O concerto apareceu en vídeo en 1991: Herrera de la Mancha. 90-12-29. O vídeo foi coeditado por Esan Ozenki e as propias Xestoras. Os beneficios da súa venda foron destinados a estas.CABEZA, Pablo: «Sentimiento profundo y eléctrico desde Negu Gorriak, Herrera y Gestoras Pro-Amnistía», en Bat, Bi, Hiru: xaneiro de 1991.
A consagración: 1991-1993 miniatura|dereita|350px|Concerto de Negu Gorriak en Pamplona durante o Tour 91+1.En 1991 houbo dous acontecementos en torno á banda fundamentais para o seu futuro. O primeiro foi a consolidación dunha formación estable coa incorporación de Mikel «BAP!!» á batería, co que o trío inicial configurouse definitivamente como quinteto. O segundo foi a fundación da súa propia compañía discográfica: Esan Ozenki Records («Bérrao Alto»). Ademais de editar os seus propios discos, decidiron facelo propio con outros grupos vascos que cantaran en éuscaro. Posteriormente crearían o sub-selo Gora Herriak («Vivan os Pobos») co que editarían a bandas que cantaban noutras linguas.
A nova da creación de Esan Ozenki foi paralela ó anuncio da publicación do seu novo disco Gure Jarrera («A Nosa Posición»), que foi unanimemente gabado pola crítica musical. Dende Radio 3 (premiounos como «banda en directo do ano»Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 12.), El País («unha das bandas máis innovadoras de Euskadi»Crítica de Gure Jarrera na sección «discos», en El País, 4 de agosto de 1991.), El Independiente («O primeiro disco de Negu Gorriak era tremendo. Este é aínda mellor»REKALDE, Xavier: «La postura de Muguruza», en El Independiente, 23 de agosto de 1991.) o El Correo, que destacou o álbum como «disco da semana»,SERON, Luis Miguel: «Segundo asalto», en El Correo, 25 de agosto de 1991.) até a prensa musical especializada, como Bat, Bi Hiru («o seu mundo musical é infinito»CABEZA, Pablo: «El infinito mundo musical de Negu Gorriak», en Bat, Bi Hiru: mayo de 1991.) ou Rockdelux, que elixiu Gure Jarrera como mellor disco nacional do ano.Véxase a lista «los mejores discos nacionales» de 1991 en Rockdelux 82: xaneiro de 1992.
Durante 1991 e 1992 o grupo realizou dúas xiras internacionais. A primeira foi Gora Herria/Power to the People Tour 91 que levounos por estados como Francia, España, Italia, Reino Unido ou Cuba. A segunda foi o Tour 91+1. Tocaron en Alemaña, Francia, País Vasco, Italia e, por vez primeira, en México e Estados Unidos (onde foron o abreconcertos de Fugazi). Como testemuño de ambas xiras apareceron dúas referencias: a primeira foi o maxi-single Gora Herria (1991), que contiña unha remestura da canción «Gora Herria» (na que colaboraron Manu Chao e Joseba Tapia) e varios cortes gravados en directo durante a xira do 91. A segunda foi o vídeo Tour 91+1 (1992), con imaxes das dúas xiras.
En 1993 apareceu, segundo a crítica, a obra cumio do grupo, o dobre vinilo Borreroak Baditu Milaka Aurpegi («O verdugo ten un milleiro de facianas»). Aínda que houbo medios que entón cualificaron o traballo de «pretensioso»,Negu Gorriak. A vitoria da palabra, p. 14. o feito e que incluso algúns diarios conservadores como ABC ou El Correo Español amosáronse eloxiosos respecto ó novo álbum de Negu Gorriak. Rockdelux volveu a premiarlles co primeiro posto da lista de mellores discos estatais (algo que, ata 2006, non repetiuse: só Negu Gorriak e Sr. Chinarro teñen colocado dous discos no número un da citada revista)Ver as listas d'«os mellores álbums nacionais» de 1993 en Rockdelux 104: xaneiro de 1994. e co posto número trinta na lista d'«os 100 mellores discos españois do século XX».«Los 100 mejores discos españoles del siglo XX», en Rockdelux 233: novembro de 2004.
En maio, o Tenente Coronel da Garda Civil Enrique Rodríguez Galindo demandou a Negu Gorriak e a Angel Katarain (técnico de son da banda) por un delito de «danos á honra e difamación do bo nome».«El Coronel Galindo demanda a un grupo de rock por "dañar" su honor en una canción», en El Correo: 26 de maio de 1993. O motivo foi a canción «Ustelkeria» (do álbum Gure Jarrera), na que Negu Gorriak acusaron ao Coronel de narcotráfico, baseándose nun informe do fiscal donostiarra Luis Navajas que publicárase previamente en diferentes medios de comunicación. Galindo esixiu un pago de 15 millóns de pesetas (90.000 euros), ademais de non poder tocar a canción en directo, nin incluíla en futuras reedicións do disco.SALVADOR CODERCH, Pablo et. al.: «Libertad de Expresión y Conflictos Civiles» en InDret: outubro de 2001. Esta denuncia deu orixe a unha longa loita legal, que rematou resolvéndose a favor do grupo en 2000.