Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar) e finado o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.
Traxectoria Carreira eclesiástica Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.
O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia da Igrexa en Galicia, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilía. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.
Escritor e tradutor Foi un grande impulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou Estudios Mindonienses.
O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, co discurso A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.
Entre as súas obras destacan: A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT). Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Ediciós do Castro). Palabras para os amigos (1989). Escritos pastorais (1990). Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil. Memoria de vida (1993). Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..
Sucesión apostólica Miguel Anxo Araúxo Iglesias (1968) Fernando Quiroga Palacios (1946) Antonio García García (1930) Federico Tedeschini (1921) Giacomo della Chiesa (1907) Giuseppe Melchiorre Sarto (1884) Constantino Patrizi Naro (1828) Carlo Odescalchi (1823) Giulio Maria della Somaglia (1788) Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777) Marcantonio Colonna (1762) Carlo della Torre Rezzonico (1743) Prospero Lorenzo Lambertini (1724) Pietro Francesco Orsini (1675) Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666) Ulderico Carpegna (1630) Luigi Caetani (1622) Ludivico Ludovisi (1621) Galeazzo Sanvitale (1604) Girolamo Bernerio (1586) Giulio Antonio Santorio (1566) Scipione Rebiba (1541)
Premios e honras Pedrón de Ouro (1977) Medalla Castelao (1988) Premio Trasalba (1989) Grelo de Ouro (1992
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Bispos da diocese de Mondoñedo Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Premio Trasalba Categoría:Premio Otero Pedrayo Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados no Pereiro de Aguiar Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Enciclopedistas de Galicia