O Condado de Trastámara foi un condado ou tenencia da coroa do Reino de Galiza na Idade Media. O seu nome provén do latín tra(n)s Tamar(is), que significa "máis aló do Tambre", río que atravesa Galiza.

Orixe Está considerado por xenealoxistas e historiadores como o título nobiliario máis antigo de España, xa que xa aparece no século XI como dominio feudal no norte de Galiza. Era un dos feudos máis importantes do reino, e un dos que proporcionaba maiores ingresos. Asociado orixinalmente á estirpe da Casa de Traba ata o século XIII, cando a dita casa queda extinguida e o título volve ao rei de León.

Durante un tempo, os reis utilizaron este título e as grandes rendas asociadas para premiar a fidelidade dalgúns nobres, aos que nomearon como Conde de Trastámara de por vida, pero sen que fose hereditario, de tal xeito que o título volvería a ser da coroa ao morrer o conde.

Ao redor de 1340, o rei Afonso XI outorgaría finalmente o título ao seu fillo bastardo Henrique, que sería o fundador da chamada Casa de Trastámara, adoptando o nome do seu título para a Casa Real e creando despois unha liñaxe homónima, xa que o título era herdable, cuxos membros chegarían a ser reis de Castela, Aragón, Navarra, Sicilia e Nápoles.

Durante a primeira guerra civil castelá, o rei Pedro nomeou a Fernán Ruiz de Castro, o seu máis importante partidario en Galicia, Conde de Trastámara, desposuíndo temporalmente deste título ao seu medio irmán Henrique.

Despois da batalla de Montiel, o rei Henrique nomeou ao seu sobriño Pedro Henríques de Castela como Conde de Trastámara. O título permanece na estirpe dos Henríquez ata a súa extinción, en 1430. Hai que ter en conta que, precisamente polo ascenso da Casa de Trastámara á coroa de Castela, producíronse importantes cambios na organización feudal de Galiza que reduciu notablemente os ingresos do condado de Trastámara.

Finalmente, o 4 de febreiro de 1445 en San Martín de Valdeiglesias foi concedida como posesión hereditaria a Pedro Álvarez Osorio por Xoán II de Castela. No documento de concesión dicía:fagoos merced por juro de heredat para siempre jamas de las tierras de Trastámara e Trava, que son del Condado de Trastámara en el dicho reino de GaliciaGran Enciclopedia Gallega: Trastámara, Condado de Silverio Cañada, 1974Na estirpe de Pedro permanece hoxe o título a través da Casa de Osorio, que pouco despois se uniu á Casa de Altamira dando lugar ao apelido Osorio de Moscoso. miniatura|260x260px|A unión das herdanzas territoriais de Pedro Froilaz e a súa primeira esposa Urraca Froilaz de Traba, conformou o territorio coñecido como Condado de Trastámara.

Condes

Casa de Traba

Froila Bermúdez de Traba. Pedro Fróilaz de Traba, fillo do anterior. Fernán Pérez de Traba, fillo do anterior. Gonzalo Fernández de Traba, fillo do anterior. Fernando González de Traba, fillo do anterior. Bermudo Pérez de Traba, fillo de Pedro Fróilaz Gómez González de Traba, fillo de Gonzalo Fernández Rodrigo Gómez de Traba, fillo do anterior.

Título non hereditario

Álvar Núñez Osorio. Henrique de Trastámara. Fernán Ruiz de Castro.

Casa de Henríquez

Pedro Henríquez. Fadrique Henríquez.

Casa de Osorio

Pedro Álvarez Osorio I. Álvaro Pérez Osorio II. Pedro Álvarez Osorio III. Álvaro Pérez Osorio IV. Pedro Álvarez Osorio V. Álvar Pérez Osorio VI. Antonio Pedro Álvarez Osorio VII. Afonso Pérez Osorio Velasco e Herrera VIII. Pedro Álvarez Osorio IX. Álvar Pérez Osorio X. Antonio Pedro Sancho Dávila e Osorio XI. Ana Dávila e Osorio XII. Melchor de Guzmán e Osorio XIII. Ana de Guzmán Osorio e Dávila XIV. Ventura Osorio de Moscoso e Guzmán Dávila e Aragón XV.

Ventura Osorio de Moscoso e Fernández de Córdoba, XVI. Vicente Joaquín Osorio de Moscoso e Guzmán, XVII. Vicente Isabel Osorio de Moscoso e Álvarez de Toledo, XVIII. Vicente Pío Osorio de Moscoso e Ponce de León, XIX. José María Osorio de Moscoso e Carvajal-Vargas, XX. Francisco de Asís Osorio de Moscoso e Borbón, XXI. Francisco de Asís Osorio de Moscoso e Jordán de Urriés, XXII. Francisco Javier Osorio de Moscoso e Reynoso, XXIII. María del Perpetuo Socorro Osorio de Moscoso e Reynoso, XXIV. María de la Blanca Barón e Osorio de Moscoso, XXV. Rafael Castellano e Barón, XXVI. Jaime Castellano e de la Chica, XXVII.

Notas

Trastámara, Condado de