O 7 de xullo é o 188º día do ano do calendario gregoriano e o 189º nos anos bisestos. Quedan 177 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1456 - Un novo veredicto levanta a acusación de herexía sobre Xoana de Arco 25 anos despois da súa morte. 1534 - Jacques Cartier contacta cos pobos aborixes do Canadá. 1978 - As Illas Salomón independízanse do Reino Unido 1980 - Institúese a xaria en Irán. 2005 - Atentados terroristas en Londres. 37 mortos e 700 feridos. Explosións no túnel entre as estacións de Moorgate e Liverpool Street, as de King's Croos e Russell Square. Na estación de Egdware Road e en Woburn Place. O atentado foi reivindicado pola célula europea de Al Qaeda.
Nacementos miniatura|100px|Nettie Stevens. miniatura|100px|Gustav Mahler. 1746 - Giuseppe Piazzi, astrónomo e sacerdote italiano (m. 1826). 1838 - Luis Diéguez Amoeiro, avogado e político galego (m. 1913). 1843 - Camillo Golgi, médico italiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1926). 1848 - Francisco de Paula Rodrigues Alves, presidente do Brasil (m. 1919). 1858 - José Leite de Vasconcelos, lingüista e etnógrafo portugués (m. 1951).. 1860 - Gustav Mahler, compositor austríaco (m. 1911). 1861 - Nettie Stevens, xenetista (m. 1912) 1887 - Marc Chagall, pintor ruso (m. 1985). 1901 - Vittorio De Sica, director de cine italiano (m. 1974). 1904 - Antonio Fernández Carnicero, médico e político galego (m. 1997). 1907 - Robert A. Heinlein, escritor de ficción científica norteamericano (m. 1988). 1917 - Fidel Sánchez Hernández, presidente salvadoreño (m. 2003) 1930 - Antonio Gandoy Díaz, cura e fundador de Preescolar na Casa (m. 2002). 1932 - Manuel Álvarez Torneiro, xornalista e poeta galego (m. 2019). 1945 - Manuel Chaves, político español. 1946 - Ringo Starr, músico e cantante británico (The Beatles). 1951 - Xesús Veiga Buxán, economista e político galego. 1954 - Menchu Lamas, pintora galega. 1963 - Vonda Shepard cantante estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Arthur Conan Doyle. 1304 - Bieito IX, papa (n. 1240). 1816 - Richard Brinsley Sheridan, político e dramaturgo británico (n. 1751). 1889 - Nicolás Chicarro, contraalmirante galego (n. 1812). 1922 - Cathal Brugha, político e revolucionario irlandés (n. 1874). 1927 - Gösta Mittag-Leffler, matemático sueco (n. 1846). 1930 - Arthur Conan Doyle, escritor inglés (n. 1859). 1937 - Xermán Alonso Hortas, médico galego (n. 1881). 1948 - Higinio Fernández de la Vega Pasarín, notario e escritor galego (n. 1862). 1960 - Ángel Cabrera Latorre, zoólogo e paleontólogo español dedicado á taxonomía dos mamíferos (n. 1879). 1962 - Anita Delgado, bailaora e cantaora andaluza (n. 1890). 1965 - Moshe Sharett, primeiro ministro de Israel (n. 1894). 1966 - Victoriano García Martí, sociólogo e escritor galego (n. 1881). 1967 - Vivien Leigh, actriz británica (n. 1913). 1973 - Max Horkheimer, filósofo e sociólogo alemán (n. 1895). 1980 - Luís Calvo Sanz, empresario galego (n. 1897). 1986 - Mario de Langullo, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1913). 2006 - Syd Barrett, membro da banda Pink Floyd (n. 1946).
Festas e celebracións Día da Independencia das Illas Salomón
Outros Santoral: San Bieito XI.
Os 366 días do ano
07