Os Premios Nacionais da Crítica Española, concedidos anualmente pola Asociación Nacional da Crítica Literaria e que son os únicos que premian as obras editadas nas catro linguas cooficiais españolas (galego, catalán, éuscaro e castelán) durante o ano anterior, concédense de forma ininterrompida en diferentes cidades do Estado desde o ano 1956, cando resultou galardoado o escritor Camilo José Cela, pola súa obra La catira.
Carecen de dotación económica, concédense durante o mes de abril de cada ano tras a deliberación dun xurado integrado por 22 membros da Asociación Española de Críticos Literarios e premian dúas modalidades, a narrativa e a poesía:
Premio da Crítica de narrativa castelá, creado en 1956. Premio da Crítica de poesía castelá, creado en 1956. Premio da Crítica de narrativa catalá, entregados por primeira vez en 1962, e por segunda en 1976, adquiriron carácter anual en 1978. Premio da Crítica de poesía catalá, entregados por primeira vez en 1962, e por segunda en 1976, adquiriron carácter anual en 1978. Premio da Crítica de narrativa galega, creado en 1976. Premio da Crítica de poesía galega, creado en 1976. Premio da Crítica de narrativa en éuscaro, creado en 1978. Premio da Crítica de poesía en éuscaro, creado en 1978.
Critica