Luís Gustavo Amado Carballo, nado en Pontevedra o 2 de maio de 1901 e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1927, foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas máis destacados do seu tempo, pertencentes ambos a xeración de 1922 (ou de 1925). Morreu prematuramente por causa dunha tuberculose. No ano 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.Figuras homenaxeadas. Real Academia Galega
Traxectoria miniatura|200px|esquerda|Certificado de nacemento (pdf). Fillo de Luís Amado de la Riega, pontevedrés, parente de Xoán Manuel Pintos, Luís de la Riega e Celso García de la Riega, e Consuelo Carballo Pesqueira, redondelá, familia ilustrada e conservadora. Fixo os estudos primarios no Colexio Balmes e o Bacharelato no Instituto Xeral e Técnico. O 27 de febreiro de 1912 participou nun recital declamando o poema "Un vello paroleiro" de Heliodoro Fernández Gastañaduy. En 1918 comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, mais non as rematou.
O 25 de xaneiro de 1919 publicou o relato en lingua castelá "El emigrado" na revista viguesa Vida Gallega. Dous meses despois, o 31 de marzo, publicou no Diario de Pontevedra o soneto "Amanecer", tamén en castelán. En xuño dese ano publicou neses dous periódicos o relato "El Peregrino", baseado no texto do Romance de Don Gaiferos. Dese mesmo mes é o poema "La Estadea". Tamén no Diario de Pontevedra publicou outros poemas de carácter modernista, como "Aurora de Nácar" ou "Tríptico a Tórtola Valencia". "La Romería", publicado o 15 de xullo en Vida Gallega, é un relato costumista que conta a visita dunha rapaza coa súa avoa a unha ermida.
En setembro de 1919 marchou a Madrid coa idea de continuar os estudos. Alí contacta con Evaristo Correa Calderón e Ramón Gómez de la Serna, leva unha vida bohemia e asiste a algúns parladoiros literarios, como relata no artigo "Remember of Pombo", publicado no xornal Galicia en 1923. Intentou dedicarse ao xornalismo sen moito éxito. Publicou o relato "Guerrilleros de antaño" en La Tribuna e enviou críticas de arte ao Diario de Pontevedra. Mandou tamén poemas en castelán á revista Parábola de Burgos e a España de Madrid. miniatura|esquerda|Non se pode concibir a literatura galega sen o legado de Amado Carballo.20px : Galicia letra a letra, "1982" en Youtube. O 5 de decembro de 1920 publicou o conto "Supersticeón" no voceiro A Nosa Terra, adicado a Castelao. No relato hai unha querenza por crenzas espiritistas e polo ocultismo. De carácter similar é o artigo "O culto da vaca astral en Galicia", publicado na mesma revista o 31 de maio de 1921, que foi contestado por Vicente Risco. De volta a Pontevedra, asiste a faladoiros no piñeiral La Fillagosa, á beira do río Lérez, propiedade de Xoán Bautista Andrade, quen, segundo algúns estudosos, exerceu unha grande influencia sobre a poesía de Amado Carballo. En setembro do mesmo ano escribiu en castelán o prólogo do libro Mágoas de Xoán Vidal Martínez. Con el e con Modesto Bará Álvarez, fundou en 1922 a revista Alborada, da que saíron catro números. No terceiro deles, publicado en xullo, saíu o seu relato "Maliaxe", segundo Carballo Calero, composición literaria pueril e dun galego moi forzado e diferencialista, e no cuarto apareceron os textos "O iris dinámico" e "Esfinxes". miniatura|Placa na casa, na r/ Cobián Roffignac esq. Benito Corbal. En novembro de 1923 apareceu a súa noveliña Os probes de Deus no quinto volume da revista Lar, con portada deseñada por Camilo Díaz Baliño. Nela nárranse en nove cadros as fins das vidas de nove persoas nun asilo de anciáns. Os probes de Deus é, na opinión dalgúns críticos, demasiado bebedora da escrita de Ramón María del Valle-Inclán. Traduciu do francés tres poemas do autor postsimbolista Paul Fort: "Pregaria ao santo silenzo", "O máis ledo dos lieds e "A moza que morreu enamorada", publicados n' A Nosa Terra o 1 de novembro de 1923. Traduciu tamén a Francisco de Asís ("Canto do irmán Sol"), Rainer Maria Rilke ("A unha amiga") e a Alfonsina Storni ("¿Verdade?").
En 1924, despois de exercer de mestre con carácter interino, ingresou como redactor de La Concordia en Vigo e despois en El Pueblo Gallego. Neles fixo artigos xornalísticos de opinión sobre a actualidade política estatal e internacional, así como dos problemas galegos. Desde a prensa tivo novas discusións con Vicente Risco.
O 10 de decembro de 1924 casou na basílica de Santa María a Maior de Pontevedra coa pontevedresa María López Fernández, seis anos máis vella, filla do pintor e violinista Benigno López Sanmartín. Como ministro celebrante figura Valentín Villanueva Rivas, párroco. miniatura|235px|Pazo dos De la Riega, S.ta Margarida. En 1925 retomou os estudos de Filosofía e Letras. Por enfermar de tuberculose, pasou o verán de 1926 en Soutelo de Montes e o outono en Santa Margarida de Mourente, neses tempos escribiu a maioría dos poemas da súa obra póstuma O Galo (1928).
En 1927 titulouse como Mestre, nese mesmo ano publicou Proel.Proel, portada de Manuel Méndez Domínguez Morreu na súa viña natal, aos vinte e seis anos de idade, a consecuencia da tuberculose. Foi soterrado no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Obra Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética de vangarda e como fundador do hilozoísmo. Malia finar novo, tivo moita aceptación lírica no seu tempo. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrece unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a gran protagonista é a paisaxe, especialmente da ría de Pontevedra, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.
Prosa
Maliaxe, relato longo, Alborada v. III, 1922.Alborada: Maliaxe, imaxe da portada Os probes de Deus, Lar n.º 5, 31/1/1925.: Os probes de Deus. Os libros de Ánxel Casal 9/11/2012. Foi traducida ao castelán e existe tamén unha edición bilingüe galego-castelá conxunta con Proel.
miniatura|Proel e O Galo compoñen o v. 16 da Biblioteca Galega 120. Poesía Proel, asinado en 1924 e publicado en 1927.Proel na Biblioteca Virtual da RAG. Existe unha edición bilingüe galego-castelán conxunta con Os pobres de Deus. O Galo, preparado por Vidal Martínez, con limiar de O. E., Nós, 1928.O Galo na Biblioteca Virtual da RAG.: O Galo. Os libros de Ánxel Casal 16/6/2013.
Recompilacións e reedicións Obras en prosa e verso, con prólogo de Xosé Luís Méndez Ferrín, Castrelos, 1970. Escolma de Amado Carballo, Departamento de Filoloxía Galega, USC, 1982, ISBN 8471912805. Luís Amado Carballo. Vida e obra. Escolma de textos, , RAG, 1982. Obra completa, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1985, ISBN 8471549743. Proel, n.º 51 da Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia, 1992. Prosa e contos, n.º 53 da Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia, 1992. O Galo e poemas soltos, n.º 58 da Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia, 1992. Poesía galega completa, L. Alonso Girgado, Sotelo Blanco, 1994, ISBN 978-84-7824-143-9.Poesía galega completa, imaxe da portada Obra poética galega, Luís Alonso Girgado, Xerais, 2001. ISBN 978-84-8302-640-3.Obra poética galega, Edicións Xerais de Galicia . Proel - O Galo, BG120 v. 16, 2002, ISBNs 84-88254-87-3 e 84-8302-737-2. O mellor de... Luís Amado Carballo (1901-1927), La Voz de Galicia, 2010."A obra de Luís Amado Carballo…" 6/8/2010.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
: "Los movimientos de vanguardia en la lírica gallega" en et al. (1976). Los Gallegos. Madrid: Itsmo. ISBN 84-7090-006-4.
Outros artigos
Hilozoísmo Xeración de 1922 Alborada (Pontevedra) Ligazóns externas
Expediente académico de Luís Amado Carballo no Instituto de Pontevedra
Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Artigos destacados sobre Galicia