Generation Terrorists é o álbum de estrea da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, editado o 10 de febreiro de 1992 a través do selo Columbia Records.

Tras unha importante atención dos medios e un "perfil de prensa desproporcionadamente alto" xerado polo sinxelo da banda "Motown Junk" de 1991,Price 1999, p. 61 Generation Terrorists foi moi esperado pola críticaPrice 1999, p. 74 grazas á proclamación dos membros de que o seu debut sería o "mellor álbum de rock de todos os tempos" e vendería 16 millóns de copias, "dende Bangkok a Senegal".Price 1999, p. 36

Gravado entre xullo e decembro de 1991 e publicado en febreiro de 1992, o álbum non chegou a esas cifras pero, con todo, finalmente foi certificado Ouro no Reino UnidoPrice 1999, p. 79 e tamén entrou no Top 100 do Xapón.

Listaxe de cancións

Notas

Bibliografía

Categoría:Álbums de Manic Street Preachers Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Columbia Records