Zotto (tamén Zottón ou Zottone) foi o xefe militar (latín dux) dos longobardos no Mezzogiorno. É considerado como o fundador do Ducado de Benevento en 571 e o seu primeiro duque. Traxectoria Coas súas tropas penetrou en Campania en agosto de 570, enfrontándose ao exército bizantino, ao que venceu. Estableceu o seu campamento en Benevento, que se converteu na capital do seu ducado. Intentou tomar Nápoles, pero non deu e tivo que levantar o cerco (581).

Como duque era case independente, ao estar o norte da península baixo o control do rei longobardo, que tiña pouca influencia no sur. Ao final someteuse á autoridade real en 589.

Morreu en 591 e sucedeuno Arechis, o seu sobriño.

Categoría:Longobardos Categoría:Duques de Benevento Categoría:Finados en 591