Derek Walcott, nado o 23 de xaneiro de 1930 en Castries (Santa Lucía) e finado o 17 de marzo de 2017 na mesma illa, foi un escritor en lingua inglesa procedente de Santa Lucía. Gañador do Nobel de Literatura no ano 1992, destaca especialmente como poeta e como autor dramático.
Traxectoria Na súa obra, vinculada ao realismo máxico, ten unha especial relevancia a mestizaxe cultural, producindo versións propias dos vellos mitos europeos. Considérase un dos representantes da literatura poscolonial. A súa escrita é barroca e emprega un inglés que recolle moitas das súas variantes caribeñas. En 1953 emigrou a Trinidad e Tobago, onde fundou o Obradoiro de Teatro de Trindade e comezaría a escribir as súas primeiras obras dramáticas. Hoxe é catedrático de literatura e composición da Universidade de Boston.
Escolma de obras Dream on monkey mountain (teatro, 1970) Another Life (1973) Sea Grapes (1976) The star-apple kingdom (1979) The fortunate traveller (1981) Midsummer (1984) The Arkansas testament (1987) Omeros (1990) The Bounty (poemas, 1997)
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Santa Lucía Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Santa Lucía Categoría:Finados en 2017 Categoría:Premios Nobel de Santa Lucía