O Tour de Francia 2008 foi a 95ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O percorrido de 3559 quilómetros comezou o 5 de xullo na cidade bretoa de Brest, e rematou o 27 de xullo nos Campos Elisios de París.

Percorrido A ronda gala saíu da cidade bretoa de Brest e chegou como decote á cidade de París, onde tivo a meta nos seus Campos Elisios. A proba decorreu case totalmente por territorio francés, se ben pasou tamén por Italia. Na vila de Prato Nevoso tivo lugar a chegada da 15ª tirada, mentres que a 16ª saíu de Cuneo, tamén na zona alpina italiana.

O percorrido, de 3.554 quilómetros, tivo 21 tiradas sen prólogo, algo novidoso no conxunto das últimas edicións.

Houbo dúas xornadas de descanso intercaladas, cinco chegadas en alto, once tiradas chás, catro de media montaña e dúas contra o reloxo individuais.

Participantes 20 equipos tomaron a saída, con 9 corredores por equipo, facendo un total de 180 participantes, dos que remataron a carreira 144. EquipoLíder Agritubel Cristophe Moreau Ag2r La Mondiale Cyril Dessel Garmin Chipotle</s> Christian Vande Velde Barloworld Mauricio Soler Bouygues Télécom Pierrick Fedrigo Caisse d´Epargne Alejandro Valverde Cofidis Sylvain Chavanel Crédit Agricole Thor Hushovd Euskaltel-Euskadi Haimar Zubeldia Française des Jeux Sandy Casar EquipoLíder Gerolsteiner Stefan Schumacher Lampre Damiano Cunego Liquigas Filippo Pozzato Silence-Lotto Cadel Evans Quick Step-Innergetic Stijn Devolder Rabobank Denis Menchov Saunier Duval-Prodir Riccardo Riccò CSC Saxo Bank Carlos Sastre Milram Erik Zabel Team Columbia Kim Kirchen

Galegos no Tour O único corredor galego no Tour foi Óscar Pereiro, do equipo Caisse d'Epargne, partindo co dorsal 37. Pereiro tivo que retirarse logo de sufrir unha perigosa caídaÓscar Pereiro abandona o Tour de Francia logo de sufrir unha caída grave, Vieiros, 20/07/2008 na décimo quinta tirada.

Etapas EtapaDataPercorridokmGañadorLíder 1.ª 5 de xullo Brest–Plumelec 16px|Etapa de media montaña 195 Alejandro Valverde Alejandro Valverde 2.ª 6 de xullo Auray–Saint-Brieuc 165 Thor Hushovd Alejandro Valverde 3.ª 7 de xullo Saint-Malo–Nantes 195 Samuel Dumoulin Romain Feillu 4.ª 8 de xullo Cholet–Cholet 16px 29 (CRI) S.Schumacher Kim Kirchen S.Schumacher Kim Kirchen 5.ª 9 de xullo Cholet–Châteauroux 230 Mark Cavendish S.Schumacher Kim Kirchen 6.ª 10 de xullo Aigurande–Super-Besse 16px|Etapa de media montaña 195 R.Ricco Alejandro Valverde Kim Kirchen 7.ª 11 de xullo Brioude–Aurillac 158 Luis León Sánchez Kim Kirchen 8.ª 12 de xullo Figeac–Tolosa 174 Mark Cavendish Kim Kirchen 9.ª 13 de xullo Tolosa–Bagnères de Bigorre 16px|Etapa de montaña 222 R.Ricco Vladimir Efimkin Kim Kirchen 10.ª 14 de xullo Pau – Hautacam 16px|Etapa de montaña 156 L.Piepoli Juan José Cobo Cadel Evans 11.ª 16 de xullo Lannemezan–Foix 166 Kurt Asle Arvesen Cadel Evans 12.ª 17 de xullo Lavelanet–Narbona 168 Mark Cavendish Cadel Evans 13.ª 18 de xullo Narbona–Nimes 182 Mark Cavendish Cadel Evans 14.ª 19 de xullo Nimes–Digne-les-Bains 182 Óscar Freire Cadel Evans15.ª 20 de xullo Embrun– Prato Nevoso 16px|Etapa de montaña 216 Simon Gerrans Frank Schleck 16.ª 22 de xullo Cuneo–Jausiers 16px|Etapa de montaña 157 Cyril Dessel Frank Schleck 17.ª 23 de xullo Embrun–Alpe d'Huez 16px|Etapa de montaña 210 Carlos Sastre Carlos Sastre 18.ª 24 de xullo Bourg-d'Oisans–Saint-Étienne 197 Marcus Burghardt Carlos Sastre 19.ª 25 de xullo Roanne–Montluçon 163 Sylvain Chavanel Carlos Sastre 20.ª 26 de xullo Cérilly–Saint Amand Montrond 16px 53 (CRI) S.Schumacher Fabian Cancellara Carlos Sastre 21.ª 27 de xullo Étampes–París 143 Gert Steegmans Carlos Sastre

Dopaxe Tres ciclistas foron acusados de empregaren substancias ou prácticas dopantes durante a celebración desta edición do Tour de Francia. O primeiro caso detectado foi o do ciclista español Manuel Beltrán, do Liquigas, ao que se lle atoparonLe Tour de France 2008 entaché par une première affaire de dopage, Le Monde 11.07.08, niveis anómalos de EPO no sangue nun control pasado na primeira tirada da proba. Foi expulsado do Tour. O segundo foi o tamén español Moisés Dueñas, tamén do Liquigas, e tamén por EPO. No rexistro policial subseguinte atopáronlle materiais dopantes, e foi detidoUn nouveau contrôle positif à l'EPO sur le Tour, Le Monde, 16.07.08 e expulsado do Tour. O terceiro foi o italiano Riccardo Riccò, do Saunier Duval, así mesmo por consumo de EPO. Riccò obtivera a vitoria en dúas tiradas da rolda gala, e figuraba á cabeza da clasificación da montaña. Riccò era o líder do seu equipo, foi detido e expulsado do Tour, ao mesmo tempo que o conxunto do equipo deixaba a probaRiccardo Ricco positif, son équipe quitte le Tour, Le Monde, 17.07.08.

Clasificación xeral O terceiro clasificado da xeral, o austríaco Bernhard Kohl, foi eliminado da carreira tralo seu remate, por mor dun positivo nun control antidopaxe. A clasificación da montaña, liderada polo mesmo corredor, quedou sen gañador. 180px|miniatura|dereita|Carlos Sastre entrando en París co maillot amarelo. PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Carlos Sastre CSC-Saxo Bank 87h 52' 52" 2 Cadel Evans Silence-Lotto + 58" Desc. Bernhard Kohl Gerolsteiner + 1' 13" 3 Denis Menchov Rabobank + 2' 10" 4 Christian Vande Velde Garmin Chipotle + 3' 05" 5 Frank Schleck CSC-Saxo Bank + 4' 28″ 6 Samuel Sánchez Euskaltel-Euskadi + 6' 25″ 7 Kim Kirchen Columbia + 6' 55″ 8 Alejandro Valverde Caisse d'Épargne + 7' 12″ 9 Tadej Valjavec AG2R La Mondiale + 9' 05″ 10 Vladimir Efimkin AG2R La Mondiale + 9' 55″

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Outros artigos Giro de Italia 2008 Vuelta a España 2008

Categoría:Tour de Francia Categoría:Ciclismo en 2008