miniatura|250px|dereita|Vista de Quiraing, Skye miniatura|dereita|250px|Neist Point miniatura|dereita|250px|Imaxe satelital de Skye 250px|miniatura|dereita|Casa de pedra restaurada en Trotternish, Skye miniatura|dereita|250px|Cantís próximos a Neist Point A illa de Skye, (en ), é a illa máis grande e máis setentrional das Hébridas Interiores, en Escocia.

Etimoloxía

As primeiras referencias escritas da illa son fontes da Roma antiga, como a Cosmografía de Rávena, que se refire a Scitis."Group 34: islands in the Irish Sea and the Western Isles 1". Kmatthews.org.uk. Consultado o 1 de marzo de 2008. Scetis, pode atoparse nun mapa de Tolomeo (Ptolomeo).Strang, Alistair (1997) "Explaining Ptolemy's Roman Britain". Britannia. 28 pp. 1–30 Unha posible derivación vén de skitis, unha antiga palabra celta para "alado", que pode describir como as penínsulas da illa saen desde un centro montañoso.Haswell-Smith (2004) pp. 173–79. Os pobos subseguintes falantes de gaélico, nórdico e inglés influíron no desenvolvemento da historia de Skye; As relacións entre os seus nomes para a illa non son directas. Propuxéronse diversas etimoloxías, tales como a "illa alada" ou "a illa fanada" p. 105. pero non se atopou unha solución definitiva ata a data e o nome do lugar pode ser dun idioma anterior, non gaélico.Gammeltoft, Peder (2007) p. 487.Jennings and Kruse (2009) pp. 79–80.

Nas sagas nórdicas Skye chámase , por exemplo na "Haakon Haakonsøns Saga" . Norwegian translation: P. A. Munch. Saganet.is. Consultado o 3 de xuño de 2008. e nun poema skald de c. 1230 contén unha liña que traduce como "os paxaros da batalla da fame enchéronse en Skye co sangue dos inimigos mortos.""Magnus Barefoot's Saga". English translation: Wikisource. Consultado o 4 de xuño de 2008. A illa tamén foi chamada polos nórdicos (illa bretemosa), ou (illa das nubes). O nome gaélico tradicional é (a illa de Skye), é unha ortografía máis recente e menos común.

, que significa illa da néboa (unha tradución do nome dos nórdicos), é un poético nome gaélico para a illa.

Xeografía Con 1.656 km², Skye é a segunda illa máis grande de Escocia, despois da conformada por Lewis e Harris (Leodhas is na Hearadh). Esta illa ten un dos máis esgrevios terreos montañosos do país, incluíndo Cuillin (unha cordilleira de montañas rochosas), e tamén un gran patrimonio de antigos monumentos e castelos.

A liña costeira de Skye é unha serie de penínsulas, incluíndo Sleat no sur, Strathaird, Minginish, e Waternish ao leste, e Trotternish ao norte. As illas que rodean Skye son: Rona, Raasay, Scalplay, e Soay.

A poboación de Skye, no censo de 2001 era de 9.232 persoas. En contraste con moitas outras illas escocesas, isto representa un crecemento do 4% con respecto ao censo de 1991. A poboación residente aumenta durante o verán, grazas á gran cantidade de turistas e visitantes que chegan á illa.

As principais industrias son o turismo, a agricultura, a destilación de whisky e a artesanía. A cidade principal e capital da illa é Portree, que é coñecida polo seu pintoresco porto.

Historia En Skye, atópanse sitios que mostran a ocupación de cazadores-recolectores mesolíticos, por exemplo en An Corran, en Staffin, onde hai evidencias de que houbo habitantes nun refuxio de rochas conforme demostrou unha escavación arqueolóxica, na costa de Wester Ross.

Skye sufriu fames negras e migracións masivas contra o remate do século XVIII, deixando a poboación minguada.

Cultura De todas as Hébridas Interiores, Skye é a que ten máis en común coas Hébridas Exteriores, con case a metade da poboación falante de gaélico escocés, e moitos deles pertencentes á Igrexa Libre de Escocia.

A destilería de whisky de Talisker atópase a unha beira do lago Harport, na costa oeste da illa.

Nesta illa, atópase o castelo Dunvegan, recoñecido coma o castelo máis antigo continuamente habitado de Europa. Ao contrario de moitos castelos europeos, é propiedade privada do clan MacLeod, que residiu alí desde o século XIII.

A illa de Skye foi inmortalizada pola canción tradicional The Skye Boat Song, e no famoso libro Cara ao faro, de Virginia Woolf.

Skye é coñecida pola súa paisaxe e tamén pola abundante vida silvestre, que abrangue aguias reais, aguias peixeiras, cervos vermellos e lontras.

Vilas e lugares Portree é a vila máis grande, e o principal centro de servizos da illa, cunha poboación de 2.491 habitantes (censo de 2001). Sconser e Broadford atópanse no lado leste da illa. Outros asentamentos son: Aird Shlèite Armádelle Carbost Duntulm Dunvegan Edinbane Elgol Isleornsay Kyleakin Staffin Torrin Uig Ullinish

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Primeira edición en 1947 baixo o título: Natural history in the Highlands & Islands; by F. Fraser Darling.

Gammeltoft, Peder "Scandinavian Naming-Systems in the Hebrides – A Way of Understanding how the Scandinavians were in Contact with Gaels and Picts?" in

Jennings, Andrew and Kruse, Arne "One Coast – Three Peoples: Names and Ethnicity in the Scottish West during the Early Viking period" in

Primeira impresión de Andrew Bell e outros, Londres.

Outros artigos Monte Storr Ligazóns externas Información sobre Skye Viaxe por Escocia

Categoría:Illas Hébridas interiores