Xavier Navaza Blanco, nado en Lalín o 9 de agosto de 1948 e finado o 9 de setembro de 2024, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fixo estudos de Enxeñería Técnica Naval en Ferrol e licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona (1976). Traballou en Tele-Exprés e na revista Plataforma. De volta a Santiago de Compostela foi fundador e colaborador de Teima e correspondente en Galicia de El Periodico de Catalunya, Pueblo e Informaciones. Publicou en Interviú, Actual e La calle. Foi nomeado xefe do gabinete de prensa da Xunta de Galicia no gabinete técnico da Consellería de Presidencia en 1979,La Voz de Galicia, 31-8-1979, p. 19. permanecendo no posto ata 1990. Despois foi subdirector de Xornal Diario de Pontevedra (1991) e puxo en marcha, con Luís Mariño, o programa cultural Etcétera na TVG (1991). Foi columnista de El Correo Gallego.

Destacou tamén como guionista, documentalista e escritor.

Obra

Galego Disparos. Dende a revolución cubana e o secuestro do Santa María ata o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (1991). Vigo: Edicións Xerais. 250 páxs. ISBN 8475075169. Conversa con Palestina (2003). Santiago: Fundación Araguaney. ISBN 978-84-931373-6-6. Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación (2015). Vigo: Xerais. 256 páxs. ISBN 978-84-9914-901-1.

Castelán A triloxía El laberinto gallego: La guillotina del centro (2006). Santiago: Ed. Compostela. ISBN 978-8480641586. La conjura de Raxoi (2007). Santiago: Ed. Compostela. ISBN 978-84-8064-178-4. Crónicas de barones, leonados y coroneles (por publicar). Galicia. Cien días con Fraga (1990). Xunta de Galicia. 186 páxs. ISBN 8445301349. Sumud. Conversación con Palestina (2003). Santiago: Fundación Araguaney. ISBN 978-84-931373-4-2. El último amante de Marilyn (2012)Alvarellos. 264 páxs. ISBN 978-8489323780. Reconstrúe os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños.

Vida persoal Tivo dez irmáns, entre eles Gonzalo e Luis Navaza. Casou con María Concepción Taboada Varela e foi pai de Adrián e Eloy Navaza Taboada.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Categoría:Xornalistas de Lalín Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1948 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Finados en 2024