A illa Tubuai, tamén chamada Moutou, é o centro administrativo e económico das illas Austrais, que tamén se chaman illas Tubuai. Está situada a 640 km ao sur de Tahití, 210 km ao sueste de Rurutu e a 180 km ao noroeste de Raivavae.

Xeografía De forma ovalada, a illa ten un relevo formado por dous volcáns, cunha altitude máxima de 422 metros no monte Taita, e unha superficie total de 45 km². Está rodeada dunha lagoa protexida por un círculo de illotes: Motu Toena, Motu Roia, Motu Motiha, Motu Ofai e Îlot de Sabre.

Dispón dun aeródromo aberto en 1972. Cultívanse produtos de horta, como patacas, cenorias, coles e taro, que provén o mercado de Tahití.

Historia e poboación As aldeas da illa son Mataura (a capital), Taahueia e Mahu e con 2.170 habitantes (censo 2012) é a illa máis poboada das illas Austrais.

Tubuai, así como Rurutu, foi poboado desde as illas da Sociedade cerca do ano 900 dC. O capitán Cook foi o primeiro europeo en explorala o 9 de agosto de 1777. Doce anos máis tarde, refuxiáronse os amotinados do Bounty, pero logo de participar nas guerras tribais, tiveron que fuxir.

En 1819 Tubuai recoñeceu a soberanía de Pomare II, rei de Tahití e a poboación converteuse ao protestantismo. En 1844 chegaron os mormóns, hoxe en día maioritarios. En 1881 foi anexionada por Francia.

Notas

Ligazóns externas

Natural and cultural heritage of Tubuai on Tahiti Heritage with Google maps

Categoría:Illas da Polinesia Francesa Categoría:Illas do Pacífico