Marotiri, ou illotes de Bass, é un grupo de illotes rochosos das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Dependen da comuna de Rapa, que se atopa a 75 km ao noroeste.

Está formado por catro illotes e seis rocas en forma de agulla que emerxen dunha plataforma mergullada de 5 km de diámetro e 100 metros de profundidade. En total a superficie emerxida é de 0,04 km²;. A altitude máxima é na roca Meridional, con 105 m. Xeoloxicamente son as illas máis novas das Austrais.

As rochas practicamente non teñen vexetación. É un lugar de pesca abundante.

Rocha Superficie(m²)Rocha Norte 5,800Rocha Central 1,800Rocha Sur 22,400Rocha Oeste 13,100Marotiri 43,100

esquerda|300px|Mapa de Marotiri

Categoría:Illas da Polinesia Francesa