1936 (MCMXXXVI) foi un ano bisesto comezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Neste ano tivo lugar o inicio da guerra civil española, tras o fracaso parcial do golpe de estado do 18 de xullo de 1936, que deixou a España dividida en dous bandos: o bando republicano e o bando sublevado.
Acontecementos miniatura|Luís Manteiga nun mitin pro-estatuto o 27 de xuño de 1936 en Lugo. Galicia miniatura|Sin disciplina ni cultura no hay un ejército potente. Casa del pueblo, 1936, Vigo. 28 de xuño - O Estatuto de Autonomía de Galicia é votado en referendo cun 99% de votos a favor. 20 de agosto - Son paseados en Ortoño e no Amenal os homiños de Boimorto. 10 de setembro - Milicianos e gardas de asalto asasinan no cárcere de Porlier a Xerardo Abad Conde. 22 de setembro - Executados en Santiago de Compostela os republicanos Manuel Tarrío Requejo, Maximino Martínez Pomar, Marcelino Pasín Noya, José Ramón Oubiña González, Manuel Boo López e Segundo González Davila. 21 de outubro - Son fusilados en Lugo os republicanos Rafael de Vega Barrera, Ramón García Núñez, Ángel Pérez López, José Ramos López e Perfecto Abelairas Castro. 9 de novembro - Os militares Enrique Salcedo Molinuevo e Rogelio Caridad Pita son fusilados en Ferrol por negarse a secundar a sublevación do 18 de xullo de 1936. 9 de decembro - Son executados na Coruña os mártires de Brens.
España 16 de febreiro - A coaligazón de partidos de esquerda Fronte Popular vence nas eleccións xerais en España, e Manuel Azaña tórnase primeiro ministro, restaurando a constitución de 1931. 14 de marzo - FE de las JONS é declarado partido ilegal 15 de marzo - José Antonio Primo de Rivera é encarcerado. Manuel Azaña substitúe como presidente da II República a Niceto Alcalá Zamora, destituído polas Cortes. Santiago Casares Quiroga nomeado presidente do goberno de España, substituíndo a Manuel Azaña. 17 de xullo - Debido as investigacións gobernamentais o Golpe de Estado xorde en Melilla un día antes do estipulado para o conxunto do país. 18 de xullo - Iníciase en gran parte do territorio español un golpe de estado do exército, ás ordes do comandante director Emilio Mola, contra o goberno da II República Española. 18 de xullo - Diego Martínez Barrio nomeado presidente do goberno, substituíndo a Santiago Casares Quiroga. 19 de xullo - Os sindicatos érguense contra a sublevación militar. Comeza a guerra civil española. 4 de setembro - Talavera de la Reina cae en mans dos nacionais, véndose así Madrid ameazada. 4 de setembro - O goberno de José Giral é deposto e Francisco Largo Caballero, do PSOE, forma novo goberno. 1 de outubro - Francisco Franco é nomeado xefe de estado. 8 de novembro - Os nacionais atacan Madrid. 17 de decembro - Guerra civil española: chegada dos primeiros voluntarios fascistas italianos a España.
Europa 4 de marzo - Voo inaugural do dirixíbel alemán LZ 129 Hindenburg. 7 de marzo - Adolf Hitler ordena ocupar as zonas desmilitarizadas da Renania 12 de maio - Na Italia, a nova lei electoral restrinxe o dereito ao voto: O Gran consello Fascista escolle 400 deputados dunha lista de candidatos presentada por diversas corporacións. Os deputados sométense despois a plebiscito popular. 5 de xuño - Constitúese en Francia o gabinete da Fronte Popular, presidido por Léon Blum. 21 de xuño - Fai o seu primeiro voo o bombardeiro Handley Page Hampden que participará na segunda guerra mundial. 25 de outubro - Adolf Hitler asina unha alianza co ditador fascista italiano Benito Mussolini. 25 de novembro - Sinatura do Pacto Anti-Komintern pola Alemaña e o Xapón, acordo que tiña como obxectivo a oposición ao desenvolvemento do comunismo. 11 de decembro - O Rei Eduardo VIII do Reino Unido abdica da coroa para o seu irmán Xurxo VI. Pacto xermano-italiano, futuro Eixo Roma-Berlín-Tokyo.
África 26 de agosto - Exipto asina co Reino Unido o tratado polo que obtén a súa independencia. Asia 26 de febreiro - Revolta militar en Tokyo após o éxito electoral dos liberais 7 de abril - Expedición de Chiang Kai-shek contra os militares do norte da China. 8 de xuño - As tropas de Chiang Kai-shek toman Pequín. 2 de decembro - Incidente de Sián: Chang Hue Liang e Yang Hut Sheng fan prisioneiro a Chiang Kai-shek para obrigalo a adoptar unha política máis activa en contra do Xapón e un achegamento á Unión Soviética.
Acontecementos de maior duración Guerra civil española (1936-1939)
Nacementos 3 de xaneiro - Georgina Spelvin, actriz estadounidense. 4 de xaneiro - Gianni Vattimo, filósofo italiano. 6 de xaneiro - Julio María Sanguinetti, expresidente do Uruguai. 10 de xaneiro - Robert Woodrow Wilson, físico estadounidense, Premio Nobel. 12 de xaneiro - Émile Lahoud, presidente do Líbano. 28 de xaneiro - Ismail Kadaré, escritor albanés. 28 de xaneiro - Alan Alda, actor estadounidense. 19 de xaneiro - Ziaur Rahman, presidente de Bangladesh. 22 de xaneiro - Alan J. Heeger, físico estadounidense, Premio Nobel en química. 27 de xaneiro - Samuel Chao Chung Ting, físico estadounidense, Premio Nobel. 28 de xaneiro - Ismail Kadare, escritor albanés. 12 de febreiro - Fang Lizhi, astrofísico e activista chinés (m. 2012). 22 de febreiro - John Michael Bishop, virologista estadounidense, Premio Nobel. 23 de febreiro - Federico Luppi, actor arxentino. 6 de marzo - Choummaly Sayasone, presidente de Laos. 8 de marzo - Raimundo Patiño, pintor galego. 11 de marzo - Harald zur Hausen, científico alemán Premio Nobel en fisioloxía ou medicina. 18 de marzo - Frederik Willem de Klerk, presidente de Suráfrica, Premio Nobel da Paz. 19 de marzo - Ursula Andress, actriz suíza, a Bond Girl orixinal 25 de marzo - Francisco Ibáñez, debuxante de cómics español. 26 de marzo - Giora Feidman, clarinetista arxentino. 28 de marzo - Mario Vargas Llosa, escritor peruano, Premio Nobel de Literatura. 5 de abril - Xoán Bernárdez Vilar, escritor e historiador galego. 7 de abril - Xosé Manuel Beiras, político e economista galego. 10 de abril - Manuel Aramburu, pintor galego. 23 de abril - Roy Orbison, cantor estadounidense (m. 1998). 27 de abril - Theo Angelopoulos, realizador de cinema grego (m. 2012). 29 de abril - Alejandra Pizarnik, poeta arxentina. 29 de abril - Zubin Mehta, rexente de orquestra indiano. 9 de maio - Ernest Shonekan, presidente de Nixeria. 12 de maio - Guillermo Endara, presidente de Panamá (m. 2009). 17 de maio - Dennis Hopper, actor e realizador de cinema estadounidense. 21 de maio - Günter Blobel, científico alemán-estadounidense, Premio Nobel. 7 de xuño - Luis González Seara, sociólogo e político galego. 8 de xuño - Kenneth Geddes Wilson, físico estadounidense, Premio Nobel. 18 de xuño - Ronald Venetiaan, presidente de Suriname. 22 de xuño - Hermeto Pascoal, músico e compositor brasileiro. 23 de xuño - Konstantinos Simitis, primeiro ministro de Grecia. 25 de xuño - Jusuf Habibie, presidente de Indonesia. 16 de xullo - Yasuo Fukuda, primeiro ministro do Xapón. 30 de xullo - Pilar de Borbón, Infanta de España e irmá do rei Xoán Carlos I de España. 31 de xullo - Boniface Alexandre, presidente do Haití. 1 de agosto - Yves Saint-Laurent, modisto francés (m. 2008). 12 de agosto - André Kolingba, presidente da República Centroafricana (m. 2010). 18 de agosto - Robert Redford, actor e realizador de cinema estadounidense. 20 de agosto - Hideki Shirakawa, químico xaponés, Premio Nobel. 29 de agosto - John McCain, político estadounidense. 3 de setembro - Zine El Abidine Ben Ali, presidente de Tunisia. 7 de setembro - Buddy Holly, cantor estadounidense (m. 1959). 14 de setembro - Ferid Murad, biólogo estadounidense, Premio Nobel. 23 de setembro - Valentín Paniagua Corazao, presidente do Perú (m. 2001). 25 de setembro - Moussa Traoré, presidente do Malí. 29 de setembro - Silvio Berlusconi, primeiro ministro de Italia. 29 de setembro - Xosé Alexandre Cribeiro, escritor galego. 2 de outubro - Fernando Sánchez Dragó, ensaísta, romancista, crítico literario e animador español. 2 de outubro - Antonio Gala, escritor español. 5 de outubro - Václav Havel, presidente de Checoslovaquia, e despois de Chequia (m. 2011). 10 de outubro - Gerhard Ertl, físico alemán, Premio Nobel. 4 de novembro - Didier Ratsiraka, presidente de Madagascar. 11 de novembro - Alberto Vázquez-Figueroa, novelista español. 16 de novembro - Antonio Gades, coreógrafo e bailarín español. 19 de novembro - Yuan T. Lee, químico taiwanés-estadounidense, Premio Nobel. 22 de novembro - Camilo Nogueira Román, político e economista galego. 28 de novembro - Eva Cantarella - xurista e clasicista italiana. 2 de decembro - Xosé Ramón Barreiro Fernández, historiador galego (m. 2021) 8 de decembro - David Carradine, actor estadounidense. 13 de decembro - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego. 25 de decembro - Raúl del Pozo, xornalista e escritor español (m. 2026). 28 de decembro - Han Seung-soo, primeiro ministro da Corea do Sur. 29 de decembro - Mary Tyler Moore, actriz estadounidense.
Mortes 5 de xaneiro - Ramón María del Valle-Inclán, escritor natural de Galiza (n. 1866). 18 de xaneiro - Rudyard Kipling, Premio Nobel de Literatura en 1907 (n. 1865). 20 de xaneiro - Rei Xurxo V do Reino Unido (n. 1865). 26 de febreiro - Takahashi Korekiyo, primeiro ministro do Xapón (n. 1854). 26 de febreiro - Saito Makoto, primeiro ministro do Xapón (n. 1858). 27 de febreiro - Ivan Pavlov, psicólogo ruso, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1849). 28 de febreiro - Charles Nicolle, bacteriólogo francés, Premio Nobel (n. 1866). 2 de marzo - Manuel Álvarez Vicente, xornalista, escritor e político galego (n. 1857). 4 de marzo - Antón Vilar Ponte, escritor e político galego (n. 1881). 13 de marzo - Manuel Viturro Posse, avogado e político galego. 8 de abril - Robert Bárány, físico austríaco, Premio Nobel (n. 1876). 28 de abril - Fuad I de Exipto. 29 de abril - Víctor Cancela Noguerol, médico e político galego. 30 de abril - Carlos José Solórzano, presidente de Nicaragua (n. 1860). 8 de maio - Oswald Spengler, filósofo e matemático alemán (n. 1880). 13 de maio - Felipe Pinglo Alva, compositor peruano (n. 1899). 13 de xuño - Francisco Álvarez de Nóvoa, xornalista e escritor galego. 14 de xuño - Maxim Gorki, escritor ruso (n. 1868). 14 de xuño - Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés. 13 de xullo - José Calvo Sotelo, político español. 20 de xullo - José Sanjurjo Sacanell, militar español (n. 1872). 20 de xullo - Francisco Ascaso, anarcosindicalista español. 21 de xullo - Georg Michaelis, chanceler alemán (n. 1857).
24 de xullo - Francisco Pérez Carballo, gobernador civil da Coruña (fusilado). 24 de xullo - Juan Prieto Balsa, sindicalista e político galego (paseado). 2 de agosto - Louis Blériot, pioneiro de aviación francés (n. 1872). 6 de agosto - Ramón Acín Aquilué, pintor, escultor e xornalista español (n. 1888). 6 de agosto - Víctor Valverde Mayo, funcionario e político galego (paseado). 6 de agosto - Manuel del Río Vázquez, sindicalista e político galego (fusilado). 8 de agosto - Manuel Gallego Durán, político galego (asasinado). 9 de agosto - Francisco Paradela Núñez, comerciante e político galego (asasinado). 10 de agosto - Jacobo Zbarsky Kuper, odontólogo e político galego (fusilado). 10 de agosto - Narciso Vidal Fraga, avogado e político galego (paseado). 10 de agosto - Rodrigo Álvarez Pardo, avogado e político galego (paseado). 11 de agosto - Blas Infante, político andaluz, Pai da Patria Andaluza. 11 de agosto - Manuel Gómez del Valle, escritor e xornalista galego (fusilado). 11 de agosto - Jesús Parrado Vaamonde, político galego (asasinado).
11 de agosto - Manuel Piñeiro Pastoriza, sindicalista galego (asasinado). 12 de agosto - Juan Antonio Suárez Picallo, galeguista e agrarista sadense (paseado). 12 de agosto - Manuel Prego Chas, sindicalista galego (asasinado).
14 de agosto - Camilo Díaz Baliño, pintor, escenógrafo e artista galego (paseado).