Un tambor é un instrumento de percusión pertencente á familia dos membranófonos segundo o sistema de clasificación de Hornbostel-Sachs. Consta dunha caixa de resonancia, xeralmente de forma cilíndrica, e unha, ou dúas membranas, chamadas parches, que cobren as aperturas da caixa.
Doutra banda, e sobre todo no linguaxe coloquial, a palabra tambor aplícase tamén a outros instrumentos de percusión que non son membranófonos senón idiófonos; son exemplos o tambor de corte ou tambor de madeira que en realidade é un tronco baleiro;Gran Enciclopedia de la músicaou tamén, en inglés, o steel drum (traducido: tambor de aceiro) que tamén é un idiófono. De aquí poderíase deducir que é máis determinante para que se considere un tambor o feito da percusión máis que o que posúa membranas vibrantes.
Xeralmente, para soar, o tambor é golpeado no parche coa man ou con algún obxecto, comunmente baquetas; aínda que tamén se pode percuti-la caixa ou o canto superior da mesma.
Os tambores poden tocarse individualmente, cun só intérprete, e algúns tambores, como o djembé, case sempre se tocan desta maneira. Outros tocanse normalmente en conxuntos de dous ou máis, todos tocados por un só intérprete, como os bongós e os timbales. Varios tambores diferentes, xunto cos pratos, forman a batería moderna básica.
En xéneros musicais como o rock ou o jazz, a maior parte dos tambores utilizados están no conxunto de instrumentos coñecido como batería.
Os tambores son os instrumentos musicais máis antigos e omnipresentes do mundo, e o seu deseño básico mantívose practicamente sen cambios durante miles de anos. Ademais do seu uso estritamente musical, pode empregarse como medio de comunicación para transmitir avisos a persoas distantes.
Usos Os tambores tócanse normalmente golpeándoos coa man, cun mazo axustado a un pedal ou cunha ou dúas baquetas con ou sen acolchado. Utilízase unha gran variedade de baquetas, incluíndo baquetas de madeira e baquetas con mazas brandas de fieltro no extremo. No jazz, algúns baterías utilizan escobillas para obter un son máis suave e silencioso. En moitas culturas tradicionais, os tambores teñen unha función simbólica e utilízanse en cerimonias relixiosas. Os tambores utilízanse a miúdo na musicoterapia, especialmente os tambores de man, debido á súa natureza táctil e ao seu fácil uso por parte dunha ampla variedade de persoas. Na década de 2000, a batería tamén se utilizou como unha forma de realizar exercicio aeróbico, o que se coñece como batería cardiovascular.
Na música popular e o jazz, "batería" adoita referirse a un kit de batería ou un conxunto de tambores (con algúns pratos, ou no caso dos xéneros máis duros de música rock, moitos pratos), e o "batería" á persoa que os toca.
A percusión adquiriu mesmo un status divino en lugares como Burundi, onde a «karyenda» era un símbolo do poder do rei.
Historia miniatura|upright|Percusionistas chinos tocando o tambor (século XII). miniatura|upright|Vasilla da cultura moche que amosa un tambor. Colección do museo Larco, Lima. Os tambores empréganse dende as eras máis remotas da humanidade. Crese que os primeiros tambores foron troncos ocos de árbores tocados cos pés ou con garabullos. Porteriormente, cando o ser humano aprendeu a cazar e as peles de animais pasaron a ser utlizadas na fabricación de roupas e outros obxectos, decatáronse que ao estricar un pé sobre o tronco o son producido era máis agudo. Os macacos golpean obxectos de xeito rítmico para demostrar dominio social e parece ser procesado de xeito similar no seu cerebro cá vocalización, suxerindo unha orixe evolucionaria dos tambores como forma de comunicación social. Outros primates fan ruídos de tambores golpeando o seu peito ou aplaudindo, e roedores como a rata canguro tamén fan sons semellantes usando as súas garras no chan.
Nas culturas do neolítico na China, atopáronse tambores feitos de caveiras de aligátores, do período 5500–2350 a.C. Segundo os rexistros literarios, os tambores con características xamánicas adoitaban seren empregados en cerimonias rituais.Liu, Li (2007). The Chinese Neolithic: Trajectories to Early States. Cambridge: Cambridge University Press. 0-521-01064-0, páx. 123
O tambor de bronce Dong Son foi fabricado pola cultura dong son da Idade de Bronce do norte de Vietnam. Entre eles atópase o ornamentado tambor Ngoc Lu.
Os tambores exercían nas civilizacións primitivas diferentes papeis. Alén da produción de música para rituais e festas, os tambores, debido á súa gran potencia sonora, tamén se empregaron como medios de comunicación.
Os gregos chamaban a este instrumento tympanon ou typanon, e os romanos tympanum.
Homero non mencionou o tambor nin na Ilíada nin na Odisea. En As Bacantes de Eurípides, Baco encargou os seus secuaces capturar os tambores que utilizaban os frixios. Afirma que estes tambores, foron "inventados por min e por Rea ou a gran nai dos deuses, Cibeles". Noutra pasaxe di que os coribantes inventárono para el. Entre os gregos críase que os frixios eran os inventores do tambor, mentres que os romanos pensaban que foran os sirios. O máis probable parece ser que os gregos copiasen algún tambor dos asiáticos e que de aí pasaría aos romanos. Buenas anotaciones al Ingenioso e Hidalgo don Quijote de la Mancha, pag.3-4 Bastús y Carrera, Joaquin,
Para os tambores utilizábanse peles de touro pero máis frecuentemente peles de asno, como Gaio Xulio Fedro menciona no cuarto libro das súas fábulas. O tambor consistía nun círculo de madeira ou de metal cuberto dunha pel que lle daba a forma dun baruto. O tambor tocábase algunhas veces con baquetas pero o máis común era coa man e da mesma maneira como se toca o pandeiro, ao cal se parecía moito o tambor dos antigos. Para producir un son máis estrepitoso engadíanse uns ferros de metal e tamén campás e axóuxeres. O tympanum pasou a ser o símbolo da feminización, porque o usaban principalmente os homes consagrados a Cibeles. As tocadoras do tímpano foron tidas por mulleres de malos costumes. En ningún monumento antigo vese un tambor con dúas peles, aínda que existen textos sobre eles en obras do baixo imperio. Prudencio xa mencionou que coa simfonia deuse o sinal de ataque na batalla de Accio (31 a. C).
Nos textos bíblicos é posible atopar varias referencias ao tambor; cómpre salientar, no antigo testamento, algúns exemplos: após a pasaxe polo mar Vermello, Míriam e as mulleres de Israel danzaron ao son de tambores (Éxodo 15:20). Outras mulleres danzaron con tambores após as vitorias de Saúl e David (1 Samuel 18:6). O Salmo 149 (verso 3) incentiva a louvar ao Señor con arpa e adufe. Unha das cousas que San Xusto desexaba desterrar dos banquetes eran os tocadores de crótalos e de pandeiros.
Isidoro de Sevilla escribiu que a simfonia era un instrumento que se tocaba alternativamente ou ao mesmo tempo polos dous lados e que a mestura dos dous sons graves e agudos formaba unha harmonía moi agradable. Diccionario técnico de la música, Pedrell, Felipe, Editorial MAXTOR, isbn 978-84-9761-637-9, pax. 432
miniatura|esquerda|upright|Tamborileiro mochica equipado con unha tinya A etimoloxía do nome parece indicar que o coñecemento ou uso deste tambor é máis antigo do que xeralmente se cree, é dicir, da época das guerras dos sarracenos ou mouros. Os mouros foron os primeiros que usaron nos exércitos estes instrumentos que eles denominaban al-tambor. Os timbais, instrumento propio da antiga cabalaría e conservado nalgúns lugares de España nas festas populares, son posiblemente tamén invención árabe.
Algúns historiadores opinan que os chineses fixeron uso do tambor desde tempos inmemoriais. Úsanse instrumentos parecidos ao tambor tamén en moitos pobos de África.
É indubidable que os pobos ibéricos adoptaron o tambor tomándoo dos árabes xa na Idade Media. Despois de ser suprimidos durante o reinado de Amadeu de Savoia, o seu uso foi restablecido en 1893 polo xeneral López Domínguez. Diccionario Enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914)
No área cultural andina, os tambores eran usados para acompañar cerimonias e festas. Instrumentos como a tinya eran bastante comúns. Na costa sur, os naza desenvolveron o seu propio tambor típico, o cal se caracterizaba polo seu nivel decorativo e escultórico.
Actualmente, alén das peles de animais que continúan a seren empregadas nos tambores tradicionais, utilízanse tamén peles sintéticas ou membranas plásticas, que teñen a vantaxe de sufriren menos coas variacións de temperatura e precisan de menos tensión para produciren sons con bastante calidade.
Os tambores empréganse tamén na marcación rítmica de marchas ou na comunicación de comandos militares.
Tipos de tambores miniatura|upright|Esquema da vibración dunha membrana Segundo a clasificación de Hornbostel Sachs, hai dúas grandes tipoloxías de tambores segundo cal sexa a acción que se realiza para que entre en vibración. No primeiro grupo están os tambores percutidos, mentres que no segundo están os de fricción. En realidade, con todo, os segundos, habitualmente, son coñecidos como zambombas e non son considerados verdadeiros tambores. Así pois, e a pesar do criterio e a clasificación sistemática de Hornbostel Sachs, dedícase este apartado aos tambores (membranófonos) de percusión. Erich M. Von Hornbostel y Corto Sachs. "Classification of Musical Instruments." Traducido por Anthony Vainas y Klaus P. Wachsmann. The Galpin Society Journal, volume 14, marzo 1961, pp. 3-29, e Musical Instrumentos of the World. Diagram Group. 1976, Pp. 140 - 160 A tipoloxía vén determinada por elementos varios como son: A forma do resoador Segundo que se trate dun só tambor ou de grupos de tambores (parellas, habitualmente) Segundo que se toque coas mans ou ben con algún tipo de baquetas Segundo a maneira como se fixa e se tensa a membrana
En razón da forma do resoador, os tipos que aparecen son:
Tambores en forma de bol, de recipiente. Son os únicos que poden dar un son determinado, os únicos que poden afinarse de maneira precisa. En culturas primitivas abundan os que están feitos de cerámica. Noutras culturas máis avanzadas é habitual atopar tambores de metal. Atópanse dentro deste grupo os timbais orquestrales. Máis aló destes, son moi comúns en África central, en Costa do Marfil e, en xeral, en todo o continente (Sudán, Ghana, etc.). Unha das variantes máis simples e estendidas en África utiliza como resoador unha cabaza. Entre os venda é moi utilizado o tambor ngoma. En América atópanse no Perú, en Novo México e na cultura do peyote. Tamén é común na India: un dos dous tambores que integra a taboa é deste tipo e está feito de metal. A parella de tambores de bol que é común no mundo árabe e que é coñecida co nome de naqara –e que ten abundante iconografía europea medieval– é o antecesor dos timbais orquestrais que se desenvolveron en Europa a partir do século XV.
Tambores que algúns denominan cilíndricos e outros, tubulares. Son os máis abundantes. Poden ter unha membrana ou dúas, e poden ser abertos ou pechos polo seu extremo oposto ao da membrana única ou principal. Esta denominación vén do feito que a maioría de tambores teñen unha membrana de forma circular; por iso tamén se consideran cilíndricos aqueles que teñen as paredes rectas, aínda que a forma da membrana non sexa exactamente circular, senón máis ben triangular (como o caso do isigubu de Suráfrica) ou mesmo cadrada. Entre estes hai os seguintes: