A palabra ben pode referirse a:ben no dicionario da RAG. En Filosofía: O ben, como concepto filosófico, antagónico do mal. En Cultura: Ben de Interese Cultural, figura xurídica de protección do patrimonio. Economía: O ben común, en economía política, é un ben cuxo consumo por un individuo non reduce a satisfacción dos demais. Os bens económicos son aqueles bens que se adquiren no mercado pagando por eles un prezo. Os bens libres son todos aqueles bens que se utilizan para satisfacer necesidades, pero que no posúen nin dono nin prezo, como, por exemplo, a luz solar ou o aire. Denomínanse tamén bens non económicos, en contraposición aos bens económicos. O ben, en mercadotecnia, é calquera cousa que se pode ofrecer a un mercado para satisfacer un desexo ou unha necesidade. Onomástica Ibn ou ibne (en árabe, اِبْن), ben ou bin (en árabe, بْن; en hebreo, בן) é un prefixo patronímico común no árabe e o hebreo que significa 'fillo de', ou nun sentido amplo, 'descendente de'. Ben, nome propio, apócope de Benxamín/BenjaminBenjamin alén do nome propio é tamén un xeito usual de nomear a Walter Benjamin. de frecuente uso nas tradicións hebrea e anglosaxoa. O nome coincide, e de feito provén, do prefixo ben/ibn. Ben, nome propio, apócope de Benito/Bieito, en inglés Benedict (por exemplo, Ben Cumberbatch). Ben, apelido galego de posíbel orixe toponímica. Outros usos O Big Ben, famoso reloxo de Londres.

Nota