Aur é un atol de 42 illas no océano Pacífico, forman un distrito lexislativo da cadea Ratak pertencente ás Illas Marshall e cunha poboación de 438 persoas.
A súa superficie total é de só 15 km², pero encerra unha lagoa cunha superficie de 620 km². Está situado ao sur de Maloelap.
Historia
Aur foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio Xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, Aur quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. En 1986 converteuse en parte da República das Illas Marshall.
Ligazóns externas
Sitio das Illas Marshall Entry at Oceandots.com
Categoría:Atois das Illas Marshall