Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.
É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.
O punto máis elevado do municipio sitúase no Corno do Bico, con 883 metros de altitude, na área protexida do mesmo nome.
Freguesías Dende a reorganización administrativa de 2012/2013, o municipio de Paredes de Coura está composto por 16 freguesías: Aqualonga Bico e Cristelo Castanheira Cossourado e Linhares Coura Cunha Formariz e Ferreira Infesta Insalde e Porreiras Mozelos Padornelo Parada Paredes de Coura e Resende Romarigães Rubiães Vascões
Demografía Poboación do concello de Paredes de Coura (1801 – 2004) 1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004 8963 10618 13091 14412 14886 11311 10442 9571 9409
Cultura
Festival de Paredes de Coura Dende 1993, organízase anualmente o Festival de Paredes de Coura, un dos festivais musicais máis importantes do norte de Portugal. Celébrase cada agosto na praia fluvial do río Taboão.
Museo rexional Na localidade atópase o Museu Regional de Paredes de Coura, inaugurado en 1997, que procura a conservación e divulgación do patrimonio local. Sitúase na antiga Quinta da Veiga, unha casa señorial que data do século XVIII. A súa colección céntrase na arqueoloxía e a etnografía do lugar, incluíndo pezas téxtiles, apeiros agrícolas ou achados do próximo Povoado Fortificado de Cossourado.
Notas
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Viana do Castelo