Temotu (ou Te Motu, literalmente "a illa" en polinesio) é a provincia máis oriental das Illas Salomón. A provincia era antigamente coñecida como Provincia das Illas Santa Cruz. Consta, esencialmente, de dúas cadeas de illas que van paralelas entre si dende o noroeste ata o sueste. Ten unha superficie de 895 km² e 18.912 habitantes (1999).
Divisións administrativas A provincia de Temotu está subdividida nos seguintes barrios:
Provincia de Temotu (poboación 21.362)
Illas de Coral Illas Polinesias Exteriores (353) Fenualoa (1,305) Nipua/Nopoli (880) Lipe/Temua (796) Manuopo (1,030) Nenumpo (1,163) Illas Santa Cruz Graciosa Bay (1,264) North East Santa Cruz (1,843) Nanggu/Lord Howe (1,863) Nea/Noole (1,770) Nevenema (947) Luva Station (2,335) Neo (1,558) illas e grupos illados Illas Duff (509) Utupua (1,168) Vanikoro (1,293) Tikopia (1,285)
Illas As illas ou grupos de illas que compoñen a provincia son:
Anuta Illas Duff (incluída Taumako) Fatutaka Malo Illas de Coral (incluídas Fenualoa, Lomlom, Makalom, Matema, Nalongo w Nupani, Nifiloli, Nukapu, Patteson Shoal, Illa Pigeon e Pileni) Illas Santa Cruz (incluída a grande illa de Nendo) Tikopia Tinakula Utupua Vanikoro (incluída Banie e Teanu)
A capital provincial é Lata, situada en Nendö, a máis grande e importante das illas Santa Cruz.
Poboación thumb|right|250px|Tepukei (canoa estabilizadora oceánicos) das Illas Santa Cruz, exposto no Museo Etnolóxico de Berlín.
A poboación de 21.362 (2009)Report on 2009 population & housing census for the Solomon Islands. é bastante diversa para a pequena superficie terrestre que abarca. Os habitantes da illa Santa Cruz son predominantemente melanesios, aínda que existen tres grupos de nativos papúas nas illas Santa Cruz e Reef, mentres que os habitantes de Tikopia, Anuta, illas Duff e algúns das illas Reef son polinesios.
Idiomas A provincia deu o seu nome ás Linguas Temotu, un supuesto subgrupo lingüístico dentro da familia máis ampla de linguas Oceánicas.
As linguas que se falan na provincia inclúen as nove linguas propiamente ditas Temotu, ademais de dúas linguas Polinesia atípica: Vaeakau-Taumako e Tikopia .
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Solomon Islands Photogallery of Temotu Province. Includes a map.
Categoría:Provincias das Illas Salomón Categoría:Illas das Salomón