O 27 de xaneiro é o 27º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 338 días para finalizar o ano, 339 nos anos bisestos.

Acontecementos 98 - Traxano sucede tras a súa morte ao seu pai adoptivo Nerva, predecesor seu como emperador do Imperio Romano, converténdose no primeiro emperador de orixe hispánica. 1822 - Créase a provincia do Vierzo, sendo a súa capital Vilafranca. Esta provincia durou ata o 30 de novembro de 1833. 1888 - Fúndase, nos Estados Unidos, a National Geographic Society 1926 - John Lodge Baird demostra o principio de funcionamento da televisión.

1938 - Fusilados en Ferrol os republicanos Amada García, Antonio Eytor Canizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi, Juan José Teijeiro Leira, Jaime González Pérez, Ramón Rodríguez López e Germán López García. 1940 - As autoridades soviéticas ordenan executar a Isaak Babel, acusado de espionaxe, na prisión de Butyrka.

1945 - Segunda guerra mundial: o exército da URSS libera o campo de exterminio de Auschwitz. 1967 - Os astronautas Gus Grissom, Edward White e Roger Chaffee morren nun incendio no Apollo 1. 1973 - Co Acordo de Paz de París, termina a Guerra de Vietnam.

Nacementos miniatura|100px|Wolfgang Amadeus Mozart. miniatura|100px|Lewis Carroll. 1585 - Hendrick Avercamp, pintor neerlandés (m. 1634). 1756 - Wolfgang Amadeus Mozart, compositor (m. 1791). 1775 - Friedrich Schelling, filósofo alemán (m. 1854). 1806 - Juan Crisóstomo Arriaga, compositor vasco (m. 1826). 1814 - Eugène Viollet-le-Duc, arquitecto, arqueólogo e escritor francés (m. 1879). 1832 - Lewis Carroll, escritor estadounidense (m. 1898). 1836 - Leopold von Sacher-Masoch, escritor austríaco (m. 1895). 1850 - Edward John Smith, capitán do Titanic (m. 1912). 1859 - Guillerme II, emperador de Alemaña (m. 1941). 1862 - Cesare De Titta, poeta italiano (m. 1933). 1883 - Gottfried Feder, político da Alemaña nazi (m. 1941). 1900 - Ángel Lázaro Machado, xornalista galego (m. 1985). 1910 - Félix Candela, arquitecto español (m. 1997). 1916 - Stjepan Filipović, partisano iugoslavo (m. 1942). 1926 - Ingrid Thulin, actriz sueca (m. 2004). 1939 - Alfonso Álvarez Gándara, avogado e político galego. 1944 - Braulio Rodríguez, arcebispo católico español. 1947 - Porfirio Lobo, presidente de Honduras. 1948 - Mikhail Baryshnikov, bailarín e coreógrafo estadounidense. 1949 - Montxo Armendáriz, director navarro de cinema. 1953 - Richard Bremmer, actor británico. 1954 - Olaia Fernández Davila, política galega. 1957 - Frank Miller, artista estadounidense de banda deseñada. 1958 - Habib Koité, cantante malí. 1963 - Jorge Algora, director de cine galego. 1972 - Keith Wood, ex xogador de rugby irlandés. 1980 - Marat Safin, tenista ruso.

Mortes miniatura|100px|Johann Gottlieb Fichte. miniatura|100px|Giuseppe Verdi. 98 - Nerva, emperador romano. 1814 - Johann Gottlieb Fichte, filósofo alemán. 1823 - Charles Hutton, matemático inglés (n. 1737). 1860 - János Bolyai, matemático húngaro. 1901 - Giuseppe Verdi, compositor italiano. 1917 - José Castro González "Chané", músico galego. 1922 - Luise Zietz, política socialista e feminista prusiana (n. 1865). 1918 - Xosé María Cao Luaces, caricaturista galego (n. 1862). 1938 - Amada García Rodríguez, comunista galega (n. 1911). 1971 - Jacobo Arbenz Guzmán, presidente de Guatemala. 1981 - Rodolfo Ucha, arquitecto galego. 1991 - Jens Sigsgaard, psicólogo danés. 1994 - Claude Akins, actor estadounidense. 1999 - Gonzalo Torrente Ballester, novelista galego. 2006 - Johannes Rau, presidente de Alemaña. 2007 - Philippe Lacoue-Labarthe, filósofo francés (n. 1940). 2010 - J.D. Salinger, escritor estadounidense. 2011 - Tøger Seidenfaden, xornalista danés. 2012 - Xosé Novo Freire, alcalde de Lugo. 2012 - Xosé Manuel Seivane, artesán fabricante de gaitas galegas. 2014 - Pete Seeger, cantante folk norteamericano (n. 1919).

Festas e celebracións Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto"Hai 79 anos da liberación de Auschwitz", en La Voz de Galicia, sección La Voz de la Escuela, px. 8, 24.01.2024.

Outros Santoral: Santa Ánxela Merici, San Mauro de Galia.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro