O termo muggle, empregado na serie de libros Harry Potter escritos por J. K. Rowling, serve para denominar ás persoas que non teñen ningunha habilidade máxica de seu, e que non pertencen á comunidade de meigos.
Uso en Harry Potter O termo muggle úsase ás veces de xeito pexorativo nos libros. Segundo Rowling, un cuarto dos estudantes que cada ano chegan a Hogwarts proveñen de pais non-máxicos; tamén hai nenos nacidos dun proxenitor máxico mentres que o outro non o era, os mestizos. A poboación muggle normalmente non sabe da existencia do mundo máxico.
Rowling afirmou que creou o termo "muggle" a partir da palabra mug, un termo inglés empregado para describir unha persoa á que se engana facilmente. Finalmente engadiu a raíz "-gle" ó final da palabra para evitar que resultase un termo tan degradante.JK Rowling's World Book Day Chat (4 de marzo de 2004)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pureza de sangue (Harry Potter)
Categoría:Harry Potter