Para que non me esquezas (en ) é unha coprodución galega da directora Patricia Ferreira Mañá do ano 2005. Trátase dun drama de 100 minutos de duración producido por Canal +, Continental Producciones, S.A., TVG e TVE e subvencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Con Fernando Fernán Gómez, Emma Vilarasau e Roger Coma nos papeis protagonistas, o elenco conta tamén con actores galegos coma Carlos Blanco, Víctor Mosqueira, Mónica García, Gonzalo Uriarte, Celso Bugallo, Antonio Mourelos e Mercedes Castro.
A rodaxe tivo lugar entre Madrid e A Coruña entre o 2 de febreiro e o 27 de marzo de 2004. Estreouse o 18 de febreiro de 2005.
Sinopse Para que non me esquezas narra a historia dunha muller, Irene (Emma Vilarasau), que convive sen problemas co seu pai Mateo (Fernando Fernán Gómez) e co fillo, David (Roger Coma), de 22 anos. A relación con este último desenvólvese sen problemas ata que el, un brillante estudante da carreira de Arquitectura, decide marchar a vivir coa moza Clara (Marta Etura), unha rapaza que gaña a vida como caixeira dun supermercado. A Irene cústalle comprender e aceptar a decisión do fillo.
Equipo técnico Dirección artística: Federico G. Cambero e Félix Murcia Figurinista: Bina Daigeler Maquillaxe: Karmele Soler Peiteado: Itziar Arrieta Produción: Pancho Casal Produción Executiva: Gerardo Herrero Xefatura de son: Mark van der Willigen
Recoñecementos Premio Sant Jordi á mellor actriz española (Emma Vilarasau) Premio Turia especial a Patricia Ferreira. Premio Turia á mellor actriz (Emma Vilarasau) Nomeamento ó premio Goya á mellor actriz (Emma Vilarasau) Nomeamento ó Premio Goya á mellor actriz secundaria (Marta Etura) Nomeamento ó Premio Goya á mellor dirección artística (Félix Murcia e Federico G. Cambero) Nomeamento na categoría de mellor actriz catalá (Emma Vilarasau) nos Premis Butaca de teatre i cinema de Catalunya. Nomeamento ó premio do Festival Internacional de Mar de Prata á mellor película. Nomeamento ó Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz secundaria (Marta Etura) Participante na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de Berlín (2005). Premio do Público no Festival de Tolosa (Francia) (2005).
Véxase tamén Ligazóns externas
Consello da Cultura Galega
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Patricia Ferreira Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego