El Jueves, la revista que sale los miércoles, coñecida simplemente como El Jueves, é unha publicación española de humor e sátira política editada semanalmente en Barcelona. Naceu en 1977 durante o período da Transición Española e durante un tempo denominouse "El Jueves, la revista que sale los viernes". Dende os seus inicios, viuse implicada en procesos xudiciais e polémicas. O símbolo da revista é un bufón nu, que aparece tradicionalmente na cabeceira das portadas.

Dende outubro de 2013 é a revista de humor máis lonxeva de España, ao superar os 1898 números da publicación La Codorniz.

Composición A publicación ten 72 ou 80 páxinas, vinte delas dedicadas á actualidade política, económica ou social, sempre en ton humorístico e en forma de tira, e o resto historietas dos distintos autores con carácter semanal. Cada tres meses publícase unha edición “extra” de entre 104 e 120 páxinas sobre un tema determinado: a monarquía, as relixións, os videoxogos, ou algunha noticia de interese.

El Jueves critica desde a sátira a Institucións, organizacións e protagonistas do panorama español: a monarquía española, os partidos políticos, a relixión, a prensa rosa e a sociedade en xeral.

Seccións Entre as seccións recorrentes de El Jueves atópanse as seguintes: Portada, realizada baixo o estilo dalgún dos debuxantes de El Jueves sobre algunha cuestión candente. Outras portadas que poderían ter aparecido tamén se publican. O editorial, que trata do tema de actualidade elixido para esa semana que se desenvolverá nas primeiras páxinas da revista. Nas primeiras follas, a pé de páxina, en branco sobre negro, hai escritas mensaxes con linguaxe SMS. "Nonoticiero semanal", parodia de noticias, en particular das edicións dixitais dos xornais, que ocupa unhas catro páxinas, onde se mesturan viñetas, breves textos cómicos e fotomontaxes, todo sobre a actualidade nacional e internacional. Inclúe "El gilipollas de la semana", sobre o personaxe máis ridículo da semana en opinión dos debuxantes de El Jueves. "La pregunta de la semana". "Lo que nunca sale por la tele". "Recortes de la prensa seria", unha sección de recortes con titulares estraños ou curiosos provenientes de distintos xornais. Un póster, xeralmente debuxado por Vizcarra. "En familia", sección de cartas ó director. "La guinda final".

Historietas Algunhas das historietas de El Jueves son: "Dinero" de Miguel Brieva "Teletipo" de Pepe Colubi "Federik Freak" de Rubén Fernández "Sexorama" de Manuel Bartual "Sauna Paradise" de Carles Ponsí "Mundo salvaje" de Reiser "La parejita S.A." de Manel Fontdevila "La tita Virginia" de Ozeluí "Acné" de Pallarés "Los ilegales" de Bernardo Vergara "Martínez el Facha" de Kim "Silvio José, el buen parásito" de Paco Alcázar "La Reina y yo" de Guillermo "Los bonitos recuerdos de Palmiro Capón" de Lalo Kubala "Grouñidos en el desierto" de Ventura "Ángel Sefija" de Mauro Entrialgo "Genaro... la brasa en casa" de Mel "Tato" de Monteys (Originalmente "Tato, con moto y sin contrato") "Makinavaja, el último choriso" de Ivà "Ortega y Pacheco" de Pedro Vera "Lucía gabinete de sexología" de Juan Álvarez e Jorge Gómez "Las 3 amigas" de Pablo Velarde "Baldomero" (originalmente "Madurito, feo y sin dinero, ¿qué más quieres, Baldomero?") de Pallarés "Curro Córner" de Ozeluí "Clara de noche" ou (Clara... de noche) de Bernet "Puticlub" de Fer "Obispo Morales" de JA "Mamen" de Mariel e Manel Barceló "El profesor Cojonciano" de Óscar "Seguridasosiá" de Maikel "Caspa radioactiva" de Darío Adanti "Para ti, que eres joven" de Manel Fontdevila e Albert Monteys "Ocurrió cerca de tu casa" de Carlös "El Capítulo que no veremos" de Jordi March "¡Dios mío!" de J.L.Martín "La tierra está malita" de José Luis Ágreda e Bernardo Vergara "Olegario Gandaria" de Pallarés "A punta pala" de Azagra Outro colaborador de "El Jueves", Santi Orue, adoita realizar fotomontaxes onde se parodian anuncios para criticar algún aspecto da actualidade política. Tamén colaboran Gallego y Rey e noutra época o debuxante Forges.

Co número extra sobre Estados Unidos (nº 1.428) empezou a publicarse "la otra revista que sale los miércoles", Mister K, orientada a un público infantil e xuvenil.

En 2003 apareceu El Jueves Campus, un suplemento do xornal 20 minutos con varias historietas, habitualmente centradas no mundo do estudante. Repártese gratuitamente o segundo xoves de cada mes en zonas universitarias. En 2006, a revista, en colaboración co grupo El Terrat, fundou a revista BF, dedicada ó programa diario da televisión dirixido polo xornalista e presentador Andreu Buenafuente.

As súas homólogas estranxeiras son a revista MAD nos Estados Unidos, a revista Barcelona na Arxentina e Charlie Hebdo en Francia.

Polémicas miniatura|Saída da Audiencia Nacional do debuxante Guillermo, acusado dun delito de inxurias á Coroa despois da publicación dun chiste na portada de do semanario. Dado o carácter crítico e satírico da publicación, ó longo da súa historia viuse implicada en diversas polémicas.

En 2002, a revista amosou no seu número 1.299 de abril unha caricatura de Ariel Sharon con trazos porcinos e cunha esvástica nazi; Shimon Peres, ministro israelí de exteriores, púxoa como exemplo do sentimento antiisraelí en Europa. Debido á exposición desa portada ante as cámaras por parte de Peres, a revista apareceu en medios de comunicación de todo o mundo.

O 20 de xullo de 2007, por orde de Juan del Olmo, xuíz da Audiencia Nacional, a revista foi secuestrada a petición da fiscalía por un suposto delito de inxurias á Coroa O xuíz Del Olmo ordena o secuestro de 'El Jueves' por unhas viñetas dos Príncipes. Na portada do número 1.573 Reprodución da portada do número 1.573, publicado o día 18 de xullo do mesmo ano, aparecía unha caricatura dos Príncipes de Asturias mantendo relacións sexuais, cualificada como "claramente denigrante e obxectivamente infamante" no auto xudicial.

Segundo o autor, "o mellor é que me corten a man dereita" e alude a que en ningún lugar da portada "se di que os debuxos sean de Felipe e Letizia" Guillermo, debuxante da viñeta: 'O mellor é que me corten a man dereita', El Mundo. e que "a quen dibuxei é a Tom Cruise e Katie Holmes" e a decisión xudicial é "para rir" "A nosa intención era criticar os 2.500 euros, non inxuriar", El País.. Pola súa parte, o director de El Jueves afirmou que "a nosa idea era burlarnos da medida electoralista de Zapatero e os 2.500 euros").

Esta orde xudicial, lonxe de impedir a difusión da caricatura, produciu un efecto de "mercadotecnia viral", en virtude do cal a polémica portada terminou aparecendo en multitude de medios de comunicación, tanto en papel como dixitais, así coma nunha gran cantidade de páxinas web, blogs e foros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da revista Noticia sobre o peche temporal do servidor www.eljueves.es por orde da Fiscalía.

Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI Categoría:Revistas humorísticas