Daniel Jacob Radcliffe, nado en Fulham (Londres) o 23 de xullo de 1989 é un actor inglés, coñecido por interpretar o personaxe protagonista da saga Harry Potter, baseada nas novelas da escritora J. K. Rowling, cuxos libros se converteron nun grande éxito mundial.
Traxectoria Desde moi cativo quixo ser actor e debutou en 1999 dando vida a David Copperfield na película homónima para televisión. En 2001 interpretou un pequeno papel en The Tailor of Panama, no papel de fillo de Geoffrey Rush e Jamie Lee Curtis.
Durante esa rodaxe, a súa nai na ficción soubo da preprodución de Harry Potter e a pedra filosofal e animou a Radcliffe a presentarse ás audicións. Os seus pais pensaron que sería un proceso demasiado duro e frustrante en caso de fracasar, así que non lle deixaron facelo. Malia isto, os guionistas da película, que coñecían o pai, vírono no patio de butacas durante a representación dunha obra de teatro. No descanso achegáronse a falar co neno e cos pais, e insistiron en que se presentase ás audicións. Finalmente acudiu e foi escollido.
Desde aquela interpretou a Harry James Potter en todas as películas da saga, recibindo varios premios e nomeamentos polo seu traballo.
Filmografía Cine Ano Título Papel Notas 2001 The Tailor of Panama Mark Pendel Harry Potter e a pedra filosofalHarry Potter 2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos 2004 Harry Potter e o preso de Azkaban 2005 Harry Potter e o Cáliz de fogo 2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Os rapaces de decembro Maps 2009 Harry Potter e o misterio do príncipeHarry Potter 2010 Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 1 2011 Harry Potter e as reliquias da morte - Parte 2 2012 The Woman in Black Arthur Kipps 2013Kill Your Darlings Allen Ginsberg2013The F WordWallace2014HornsIg Perrish2015Victor FrankensteinIgor2015Trainwreck2015Brooklyn Bridge2016Now you see me: The second act2016The Gamechangers
Teatro Equus (2007). The play what I wrote (2003).
Véxase tamén Outros artigos Harry Potter Harry James Potter
Ligazóns externas Páxina inglesa de Daniel Radcliffe Páxina americana de Daniel Radcliffe Fansite americano
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Actores infantís de Inglaterra Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Hammersmith e Fulham