Olav IV Haakonsson, tamén coñecido como Oluf II de Dinamarca e Olav IV en Noruega, nado na fortaleza de Akershus de Oslo, en decembro de 1370 e finado no castelo de Falsterbo, en Skåne (actual Suecia), o 3 de agosto de 1387, foi rei de Dinamarca entre 1376 e 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387. Tamén foi rei de Suecia, en oposición a Alberte de Mecklemburgo.

Traxectoria Olav era fillo de Haakon VI de Noruega e Margarida I de Dinamarca. Haakon era fillo do rei Magno II de Suecia e de Margareth, filla do rei Valdemar IV de Dinamarca. Despois de Olav, ningún rei noruegués naceu en chan noruegués por máis de 550 anos, até que o príncipe Harald naceu en 1937. A súa morte foi o fin da liña masculina da Dinastía Folkung en Suecia.

Olav herdou o trono de Dinamarca a través da súa nai, e o trono noruegués a través do seu pai. Foi electo formalmente Rei de Suecia en 1385, a pesar de ser apenas un adolescente e, polo tanto, a súa nai sería a rexente. A súa morte prematura en 1387, tornou á súa nai, Margarida I de Dinamarca capaz de unir os tres reinos escandinavos nunha unión sobre unha soa coroa como a Unión de Kalmar en 1397.Ingebritsen (2003), p. 7

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Reis de Dinamarca Categoría:Reis de Noruega Categoría:Finados en 1387 Categoría:Nados en 1370