Dolores Rial Fernández, nada en Comesaña (Vigo), é unha mestra especializada en educación infantil e escritora galega.

Traxectoria Implicada desde os seus comezos profesionais na innovación educativa, colaborou na revista Infancia: educar de 0 a 6 años e colaborou con Azucena Arias Correa na monografíaTraballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria (Vigo: Xerais, 1996).

Como escritora de literatura infantil publicou os seguintes libros:

O cumpreanos do rei Pericón, ilustracións de Kiko da Silva (Vigo: Ir Indo, 1998). O calcetín amarelo, ilustracións de Ramón Trigo (Vigo: Ir Indo, 1999). Este conto foi a base literaria para o espectáculo do mesmo nome, creado por Títeres Cachirulo e o Cuarteto Caramuxo, estreado en 2007.

O seu contacto coas artes escénicas levouna a escribir A ratiña laranxa, con Jorge Rey, un conto (inédito) para o concerto didáctico dirixido a público infantil do Cuarteto Caramuxo. O espectáculo contaba, ademais, con Mónica de Nut, cantante, e Fernando Abreu, no piano. Estreouse no Pazo da Ópera da Coruña en 2010.

Categoría: Literatura infantil e xuvenil Categoría: Escritores en lingua galega Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Personalidades do ensino de Galicia Categoría: Nados en Vigo Categoría: Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes