Shrek 2 é unha película de 2004 dirixida por Andrew Adamson, Kelly Asbury e Conrad Vernon. A súa estrea en España foi o 19 de maio de 2004.

Sinopse

Trala lúa de mel de Shrek e Fiona, estes, xunto con Asno, van coñecer aos pais dela, os reis de Moi, Moi Afastado. Con todo, as cousas non saen como eran de esperar, todo o pobo queda sorprendido ó ver que da carroza saen dous ogros e o Rei Harold e Shrek non se soportan. A confabulación e a traizón están servidas.

Dobraxe Tanto na versión inglesa como na española repetiron os mesmos actores principais de Shrek: Mike Myers, Eddie Murphy e Cameron Díaz na orixinal anglosaxoa, e José Mota, Juan Muñoz e Nuria Mediavilla na que se estreou en España. Ademais, incorporouse ó elenco de actores Antonio Banderas dobrando o papel do Gato con botas tanto en inglés coma en castelán.

Mike Myers como Shrek Eddie Murphy como Burro Cameron Diaz como Princesa Fiona Julie Andrews como Raíña Lillian Antonio Banderas como Gato con Botas John Cleese como Rei Harold Rupert Everett como Príncipe Encantador Jennifer Saunders como Fada Madriña Joan Rivers (US)/Kate Thornton (RU) como Carapuchiña vermella Larry King (US)/Jonathan Ross (UK) como Doris Aron Warner como Gran Lobo Feroz Cody Cameron como Pinocchio, e Os tres porquiños Christopher Knights e Simon J Smith como Three Blind Mice Conrad Vernon como Home de xenxibre; Muffin Man; Mongo; Cedric Tom Waits como Capitán Hook Chris Miller como Espello Máxico Mark Moseley como Vestidor Kelly Cooney como Home da comida rápida Kelly Asbury como Paxe; Elfo; Nobre; fillo do nobre Andrew Adamson como Capitán da Garda

Banda sonora A música de Shrek 2 foi composta por Harry Gregson-Williams. Ademais, e como xa ocorrera na da película anterior, incluíronse na banda sonora temas vocais de diferentes artistas. Devanditos temas son:

Accidentally In Love - Counting Crows Holding Out For A Hero - Frou Frou Changesjajaa - Butterfly Boucher As Lovers Go (Ron Fair Remix) - Dashboard Confessional Funkytown - Lipps, Inc. I'm On My Way - Rich Price I Need Some Sleep - Eels Ever Fallen In Love - Pete Yorn Little Drop Of Poison - Tom Waits You're Xo True - Joseph Arthur People Ain't Non Good - Nick Cave

Galardóns e nomeamentos 2004: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor canción e Mellor filme de animación. 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor canción. 2004: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor filme).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Shrek Shrek the Third Shrek Forever After

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web oficial

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kelly Asbury Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Dreamworks Animation Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América