Os húsares foron unhas unidades de cabalaría lixeira, orixinalmente do Reino de Hungría, usada do século XV ao XVI. O título e a vestimenta distintiva destes xinetes foron posteriormente adoptados polos rexementos de cabalería lixeira de varios exércitos europeos durante finais dos séculos XVII e XVIII. No século XIX, os húsares levaban chaquetas decoradas con trenzas, ademais de sombreiros de pel de chacó ou colbac, e desenvolveron unha imaxe idealizada de elegantes e aventureiros.

Varios exércitos modernos conservan a designación de húsares para unidades blindadas coma tanques. Ademais, sobreviven varias unidades montadas que levan uniformes históricos de húsares nos desfiles ou mentres prestan escolta cerimonial.

Etimoloxía

A palabra húsar vén de hussar en maxiar, xa que foi Reino de Hungría quen usou en primeiro lugar estas unidades para faceren fronte ao Imperio Otomán.miniatura|Húsar na recreación da batalla de Elviña.|centro

Notas

Categoría:Tipos de unidades militares Categoría:Reino de Hungría