Niau é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, e unha comuna asociada á comuna de Fakarava. Está situado ao oeste do arquipélago, a 53 km ao oeste de Fakarava.
Xeografía O atol é pequeno, de forma circular con 8 km de diámetro. A superficie total é de 20 km², e a lagoa ten 3,3 km². As terras rodean completamente a lagoa interior, sen deixar ningún paso ao oceáno, provocando que a auga sexa moi salina. En cambio a terra é moi fértil, contrariamente aos outros atois, e permite cultivar froitas, como laranxas, limóns, bananas, ademais dos cocos que producen copra. Precisamente o nome Niau, en tahitiano, quere dicir «palma de coco».
A vila principal é Tupuna, situada ao nordés. Ao noroeste atópase a vila abandonada de Ofare. A poboación total era de 147 habitantes no censo do 2002. Non dispón de infraestruturas.
Dous camiños rodean o atol, un pola lagoa e o outro polo exterior. Non dispón de aeroporto e os barcos deben fondear a 100 m. da costa.
Historia Niau foi descuberto en 1820 por Bellinghausen. O atol foi coñecido co nome colonial de Greg.
Categoría:Atois de Tuamotu