Xosé Humberto Baena Alonso, nado en Vigo en 1950 e executado en Hoyo de Manzanares o 27 de setembro de 1975, foi un membro galego dos FRAP.

Traxectoria Participou na mobilización estudantil de 1970 polo que foi xulgado polo Tribunal de Orde Pública. Integrouse no Partido Comunista de España (marxista-leninista) mentres cumpría o servizo militar en Madrid. De volta a Vigo en 1974 participou no lanzamento de cócteles molotov contra unha sucursal do Banco de Bilbao en Vigo en protesta pola execución de Salvador Puig Antich.

Estudante de filosofía e letras da Universidade de Santiago de Compostela, foi detido por reivindicar os dereitos dos estudantes e foi absolto. Detido de novo o 22 de xullo de 1975 acusado de matar un policía en Madrid, foi condenado a morte.

Tres meses máis tarde, o 27 de setembro de 1975, foron executados Xosé Luis Sánchez Bravo, Xosé Humberto Baena e Ramón García Sanz, militantes do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) e os militantes de ETA Juan Paredes Manot (Txiki) e Ángel Otaegi. Foron as últimas execucións do réxime franquista, pouco antes da morte do ditador Franco. Estas mortes levantaron unha vaga de protestas e condenas contra o goberno de España dentro e fóra do país, tanto a nivel oficial como popular."Primer aniversario de las últimas penas de muerte ejecutadas en España", El País, 26/09/1976.

En Hoyo de Manzanares os fusilamentos fixéronos tres pelotóns compostos cada un por dez gardas civís ou policías, un sarxento e un tenente, todos voluntarios. Ás 9:10, os policías fusilaron a Ramón García Sanz. Aos 20 minutos, a José Luis Sánchez Bravo e pouco despois a Humberto Baena. As execucións continuaron até as 10:05. Non puido asistir á execución ningún familiar dos condenados, pese a ser "execución pública", segundo marcaba a lei."La familia de uno de los fusilados pide justicia" , Interviú.

Os cadáveres dos tres membros do FRAP soterráronos a mesma mañá da execución en Hoyo de Manzanares. Os restos de Sánchez Bravo foron trasladados posteriormente a Murcia e os de Ramón García Sanz ao cemiterio civil de Madrid. Os de José Humberto Baena leváronos a Vigo oito días despois, para evitar as manifestacións e a posibilidade de que houbese máis mortes.

Reparación En agosto de 2025, o Goberno español, a través do ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, recoñeceu a ilegalidade da condena e, por conseguinte, da execución. Declarou "ilegal e ilexítimo o tribunal" que xulgou a Baena e, como consecuencia, "ilexítima e nula a condena ditada contra el"..

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas , Javier. "Papá, mamá: me ejecutarán mañana. Quiero daros ánimos" Público 11/10/2013 .

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Fusilados