Paraoa é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Hao. Está situado a 930 km ao sueste de Tahití.
Xeografía
Ten unha superficie total de 4 km² e está deshabitado, sen infraestrutura algunha. A lagoa interior, de 14 km², é pechada sen ningún paso ao océano, pero con numerosas canles no suroeste.
Historia
Foi descuberto en 1767 polo inglés Samuel Wallis que o chamou Gloucester.
Categoría:Atois de Tuamotu