Harry Potter and the Order of the Phoenix é un videoxogo que se basea no quinto libro da popular saga Harry Potter de J. K. Rowling e máis na adaptación cinematográfica. O xogo foi creado para Game Boy Advance, Microsoft Windows, Nintendo DS, PlayStation 2,"EA : Harry Potter : Order of the Phoenix" - - Consultado o 7 de abril de 2007 PlayStation 3, PlayStation Portable, Xbox 360, Wii e Mac OS X."EA : Harry Potter : Order of the Phoenix" - - Consultado o 7 de abril de 2007 Foi posto á venda o 25 de xuño de 2007 nos Estados Unidos, o 28 de xuño en Australia e o 29 de xuño no Reino Unido e Europa para PlayStation 3, PSP, PlayStation 2, Windows e o 3 de xullo para a maioría das demais plataformas.
Modo de xogo O tema do xogo é explorar Hogwarts e seguir a historia do libro e do filme. EA Games fomentou a participación dos fans no desenvolvemento do xogo, así que traballaron cun consello de fans. Porén, a diferenza do xogo anterior (Cáliz de fogo) que era de acción-orientada, desta vez a aventura está no estilo de sandbox. Similar a Grand Theft Auto e Bully, no que Hogwarts é completamente explorable a meirande parte do tempo, e onde hai "puntos para descubrir", os cales proporcionan recompensas para o xogador, que pode ser activados ao completar misións en equipo. Ademais, durante o xogo, hai batallas entre un grupo de estudantes, como se mostra no tráiler do xogo.
Argumento Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e a Orde do Fénix.
Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger volven á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, e alí descobren que a meirande parte da comunidade máxica non cre que o retorno de Lord Voldemort sexa certo, tal e como Harry dixo.
Personaxes cos que se pode xogar Harry Potter
(Cos seguintes personaxes de embaixo só se xoga durante unha misión).
Ron Weasley (loitando). Hermione Granger (loitando). Albus Dumbledore. Fred e George Weasley. Sirius Black. Remus Lupin (Loitando).
Feitizos que se usan no xogo Feitizos para combater Expelliarmus, úsase para desarmar ao apoñente (facendo que a súa variña quede fóra do seu alcance). Protego, úsase para desviar os feitizos que che lanzan. Rictusempra, é un poderoso e veloz feitizo. Petrificus Totalus, paraliza o opoñente. Levicorpus, úsase para elevar o corpo do opoñente e cara a arriba e cara a baixo. Expecto Patronum, úsase ao principio contra os dementores, e nunha reunión do Exército de Dumbledore, pero non se usa máis durante o xogo.
Feitizos cos que non se combate Reparo, serve para reparar algunhas cousas estragadas ou rotas. Wingardium Leviosa, úsase para leventar obxectos no aire. Depulso, úsase para empurrar obxectos que impiden o paso. Accio, úsase para convocar obxectos e facer que veñan cara a ti voando. Reducto, úsase para destruír obxectos. Incendio, úsase para queimar obxectos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial (dispoñible en varios idiomas).
Harry Potter and the Order of the Phoenix en MobyGames Harry Potter and the Order of the Phoenix (Game Boy Advance and Nintendo DS) en MobyGames
#5 Categoría:Videoxogos de 2007 Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos de PlayStation Portable Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Nintendo DS Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de Wii Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos baseados en filmes