miniatura|dereita|A Selva Daintree en Queensland, Australia. miniatura|dereita|A Selva Daintree preto de Cairns, en Queensland, Australia. miniatura|dereita|Illawarra, en Nova Gales do Sur, Australia.
As selvas son fragas caracterizadas polas altas precipitacións, de entre 1750 e 2000 mm. A canle do monzón, tamén coñecida coma a zona de converxencia intertropical, xoga un rol fundamental na creación das selvas tropicais.
Entre un 40 e 75% de tódalas especies do mundo son nativas das selvas. Estímase que moitos millóns de especies de plantas, insectos e microorganismos aínda non foron descubertos. As selvas tropicais foron chamadas as "xoias da Terra", e a "maior farmacia do mundo", xa que arredor dunha cuarta parte de tódalas medicinas naturais foron descubertas alí. As selvas tamén son responsables da renovación do 28 % do osíxeno, adoito mal referida coma produción de osíxeno, procesando o dióxido de carbono mediante a fotosíntese e almacenándoo coma carbono mediante o biosecostro.
O estrato arbustivo das selvas está restrinxido en moitas áreas pola falta de luz solar a nivel do solo. Isto fai posible camiñar a través da selva. Se o dosel é destruído ou mingua, o solo é colonizado moi cedo por unha densa capa de gabeadoras, arbustos e pequenas árbores chamada xungla. Hai dous tipos de selva, a selva tropical e a selva temperada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Selva tropical
Categoría:Ecosistemas Categoría:Bosques