A illa Lisianski (en hawaiano Papa'poho) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 220 km ao oeste de Laysan.
Lisianski é unha illa baixa de orixe volcánica moi erosionada. A superficie total é de 1´56 km², pero unidos á illa están os baixos Neva, que abranguen unha área duns 979 km².
A illa leva o nome de Urey Fedorovich Lisiansky, comandante ruso do Neva, que participaba na expedición de Adam Krusenstern, a primeira expedición rusa que deu a volta ao mundo. Lisiansky separouse da expedición e encalló en 1805 nesta illa. Logo dalgunhas variacións na transcrición do nome ruso, fixouse oficialmente como Lisianski Island.
Do mesmo xeito que Laysan, a illa Lisianski foi cedida polo reino de Hawai para a explotación do guano e cazáronse moitas aves para comerciar coas plumas. En 1909, o presidente Theodore Roosevelt, incluír na reserva natural para a protección de aves.
Categoría:Illas e arquipélagos de Polinesia Categoría:Illas de Hawai Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas deshabitadas