A formiga atómica (en ) é unha personaxe de debuxos animados que representa unha formiga superheroe. Foi creada por creada por William Hanna e Joseph Barbera en 1965.
Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.
Características A formiga atómica ten a súa base nun formigueiro onde posúe un sistema informático e mais un ximnasio. Os seus poderes principais son a capacidade de voar, a velocidade vertixinosa e unha forza asombrosa. Vai equipada cun casco con dous buratos por onde lle saen as antenas coas que capta as chamadas de perigo. Ademais leva unha camiseta cun grande "A" escrito como abreviatura de Atom Ant. A miúdo é a policía quen a avisa para encargarlle misións, se ben moitas delas son parodias de Batman.
O seu nome é practicamente homófono de adamant, palabra inglesa que significa "inflexíbel", o que xogaría coa forza característica das formigas. O seu grito de guerra é: "Contra o mal, a Formiga Atómica!" ("Up and At 'em, Atom Ant!" en inglés).
Episódios Ep.Título orixinal Título 1 "Up and Atom" "Alí vai a formiga atómica"2 "Crankenshaft's Monster" "O Monstro do veo de manivelas"3 "Gem-A-Go-Go" "Xema a go-go"4 "Ferocious Flea" "A pulga feroz"5 "Rambling Robot" "O robot errante"6 "Nobody´s Fool" "Ninguén é parvo"7 "Atom Ant Meets Karate Ant" "A formiga atômica contra a formiga karateca"8 "Fastest Ant In the West" "A formiga mais rápida do oeste"9 "Mistaken Identity" "Identidade errónea"10 "How Now Bow Wow" "Guau, cómo se arquea agora"11 "Dragon Master" "Mestre dragón"12 "The Big Gimmick'" "O gran truco!"13 "Super Blooper" "Super parvo"14 "Wild, Wild Ants" "Formigas salvaxes, salvaxes"15 "Dina-Sore" "Dinosaurio"16 "Amusement Park Amezement" "Sorpresa no parque de atraccións"17 "Bully For Atom Ant" "Un touro para a formiga atómica"18 "Termighty Mean" "A termita perigosa"19 "Nine Strikes You´re out" "Nove contra unha"20 "Go West Young Ant" "Vai ao oeste formiguiña"21 "Knight Fight" "Loita de cabaleiros!"22 "Pteraducktyl Soup" "Sopa de pterodáctilo"23 "Up in the Air Squares" "Lanzando edificios polo ar"24 "Mouser-Rouser" "Axitador ratoeiro!"25 "Killer-Diller Gorilla" "O Gorila Matador"26 "Rock-a-Bye Boo-Boo" "Rock a bye boo-boo"
Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club
Categoría:Debuxos animados Categoría:Xabarín Club Categoría:Hanna-Barbera Categoría:Series de televisión con versión galega